PROVINCIA
O goberno de Carmela Silva contrata un servizo de copias de seguridade "na nube"
A Deputación vén de aprobar o expediente para a contratación do servizo por un 378.000€ “A Deputación está a ser unha das administracións máis avanzadas tecnolóxicamente”
A Xunta de Goberno da Deputación vén de aprobar o expediente para a contratación, mediante procedemento aberto, do servizo de copias de seguridade na nube da Deputación por un valor de 378.000 euros. Trátase dun servizo de copia de seguridade para recompilar os datos da institución que permitirá o traslado da actual xestión que se realiza nos Centros de Procesos de Datos a un servizo proporcionado por un provedor externo de tipo “Cloud”.
Neste senso, Carmela Silva amosou a súa satisfacción e asegurou que “a Deputación de Pontevedra está a ser unha das administracións máis avanzadas tecnoloxicamente”. Ademais, a presidenta destacou que este cambio de modalidade de copia de seguridade permitirá manter e mesmo mellorar a calidade do servizo actual á vez que se logra unha redución considerable dos custos a longo prazo, debido á eliminación da necesidade de realizar novos investimentos en equipamentos e aforrar en mantemento.
Carmela Silva adiantou que nos vindeiros días tamén van presentar unha nova proposta aos concellos sobre o cumprimento da Lei de Protección de Datos
Con este cambio, a Deputación de Pontevedra garante a dispoñibilidade de datos e o cumprimento de distintas normativas como o Regulamento Xeral de Protección de datos ou o Esquema Nacional de Seguridade. Silva adiantou que nos vindeiros días van presentar unha nova proposta aos concellos, con coste cero, sobre o cumprimento da Lei de Protección de Datos, “trátase dun proxecto que temos para que os concellos de menos de 20.000 habitantes poidan cumprir esta Lei, a cal non poden cumprir debido a que Rajoy aprobou, unha vez máis, leis que non veñen coa financiación suficiente”, afirmou a presidenta da institución provincial.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136