

O domingo 30 de setembro terá lugar a Limpeza Simultánea dos Ríos Galegos, unha iniciativa promovida polo Proxecto Ríos da asociación ecoloxista ADEGA onde colaboran tamén numerosas institucións e da que a asociación Lazoiro forma parte.
A limpeza terá lugar dende a desembocadura do río Tea en Salvaterra, até o Cordeiro, na parroquia de Alxén. O punto de encontro será a ponte da Fillaboa ás 10:00h.
Este ano, ademais da habitual limpeza, faremos un xantar campestre, onde cada un terá que levar a súa propia comida.
Para participar hai que anotarse por whatsapp no 667007051, ademais de levar roupa cómoda e luvas.
Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.