Miércoles, 31 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Martes, 25 de Septiembre de 2018 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

Nigrán participa no 'Proxecto Ríos' coa limpeza do río Muíños

Os voluntarios que desexen participar nesta xornada de concienciación deben inscribirse previamente e presentarse o domingo ás 17:30 horas na Oficina de Turismo de Panxón

O Concello de Nigrán súmase por cuarto ano consecutivo este domingo ao “Proxecto Móllate polos Ríos” coordinado pola asociación ecoloxista Adega e que nesta ocasión se centrará na desembocadura do río Muíños, en Praia América (nas anteriores ocasións foi no Esteiro de A Foz). Trátase da 'XI Limpeza Simultánea' e terá lugar en ríos que atravesan medio cento de municipios de Galicia e sempre grazas ao labor de grupos de voluntarios, xa que se trata dunha iniciativa educativa que busca a concienciación social. Os interesados en participar deben inscribirse previamente a través do mail comunicacion@nigran.org (indicando o nome e teléfono de contacto) ou na Oficina de Información Cidadá do Concello de Nigrán (986 365000) e presentarse o domingo 30 ás 17:30 na Oficina de Turismo de Panxón. O Concello facilitará camisetas conmemorativas á xornada, bolsas, luvas e pinchos para recoller o lixo máis comodamente,  recomendándose levar botas de auga. A xornada alongarase durante hora e media  aproximadamente finalizando cunha pequena merenda.

 

O Concello de Nigrán participa nesta xornada dende o ano 2015 baixo a iniciativa do goberno local. Dende entón, grazas o labor dunha vintena de voluntarios, téñense retirado do esteiro de A Foz algo máis de dúas tonelada de lixo, principalmente botellas de vidro e material de construción e pesca, pero tamén tixolas, paraugas, cadeiras, xoguetes...

 

 

 

 

O Concello facilitará todo o material preciso, recomendándose levar botas de auga. A limpeza extenderase durante hora e media aproveitando a marea baixa

 

 

 

 

“Nos último tres anos a realizamos na Foz, onde retiramos moitísimo lixo, e nesta ocasión nos trasladamos á desembocadura do río Muíños, un espazo tamén de gran riqueza natural que debemos preservar ao máximo entre institucións e veciñanza. Este é un día de sensibilización e concienciación medioambiental no que se pon de manifesta a necesidade da correcta xestión dos residuos ao tempo que amosamos que as pequenas accións valen moito”, suliña o alcalde, Juan González.

 

O Proxecto Ríos é un programa de Educación e Voluntariado Ambiental que ten a finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.