BAIONA
A Xunta conclúe a pavimentación do CPI Cova Terreña en Baiona
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria destinou á reforma dos espazos que ten o centro escolar ao aire libre, máis de 42.000 euros
O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, achegouse onte ata o CPI Cova Terreña en Baiona coincidindo coa finalización das obras de pavimentación proxectadas neste centro escolar pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Unha intervención á que o departamento autonómico destinou máis de 42.000 euros e que consistiu na reforma dos espazos que ten o centro ao aire libre.
Segundo explicou o delegado, con esta actuación o departamento autonómico deu resposta a unha demanda da dirección do centro que argüíu que o pavimento atopábase moi degradado polo paso do tempo, impedindo un desenvolvemento axeitado das actividades escolares, deportivas e de lecer. As obras, cun prazo de dous meses de execución finalizaron xusto para o inicio do actual curso escolar.
A intervención supuxo a construción de novas soleiras de formigón armado cun espesor de 15 centímetros, con mallazo e fibra de polietileno, pulido posteriormente mediante fratasadora mecánica, con incorporación de cuarzo e acabado natural. Previamente, executáronse as obras necesarias para a recollida de pluviais e a súa condución ao aliviadeiro.
O Goberno galego ten investidos desde o 2009 e ata o de agora preto de 1 millón de euros en melloras nas infraestruturas educativas nesta localidade pontevedresa
Durante a visita, López-Chaves estivo acompañado ademais de polo alcalde baionés, Ángel Rodal, polo xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, quen fixo fincapé no esforzo inversor da Consellería en melloras nos centros educativos desta localidade pontevedresa con preto de 1 millón de euros desde o 2009.
O delegado territorial, que comprobou a correcta finalización dos traballos tivo tempo para departir coa dirección do centro e o cadro de profesorado, así como coa Asociación de nais e pais de alumnos, “moi agradecidos –dixo- cos novos patios do centro”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.40