Viernes, 30 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Martes, 25 de Septiembre de 2018 Tiempo de lectura:
Mos

Emerxencias Mos pide a Rueda un GES estable durante todo o ano

Reclaman persoal para atender as máis de 700 saídas que realizan durante todo o ano

O coordinador do Servizo de  Emerxencias Mos,  Rodrígo Igrexas, pedía onte ao vicepresidente dá Xunta, Alfonso Rueda e a directora  xeral de Administración Local, Marta Fernández Tapias a creación dun Grupo de Emerxencias Supramunicipal ( GES) con base en Mos e persoal estable para todo o ano.

 

O actual Servizo de Emerxencias Mos, segundo aseguraba onte o seu responsable, ten unha boa dotación material, base de operacións e varios camións contra incendios pero non dispón do persoal mínimo necesario para atender as máis de 700 saídas que realizan durante todo o ano. Os servizos programados e algunhas emerxencias teñen que ser atendidos en numerosas ocasións por Voluntarios de Protección Civil.

 

Ao longo do ano dispoñen dun só empregado municipal e en tempada de alto risco de incendios refórzase con brigadas forestais e condutores de tempada para os camións de extinción, algo que resulta insuficiente e que non alcanza a cubrir as necesidades reais do servizo en base á alta de manda de actuacións para as que son solicitados durante os 365 días do ano.

 

O Servizo de Emerxencias de Mos interveñen en accidentes de tráfico, incendios urbanos e forestais, catástrofes naturais (inundacións, temporais, …), rescate e procura de persoas desaparecidas. Ademais desenvolven labores de prevención con  lam impartición de cursos, xornadas de formación, charlas, simulacros e plans de  autoprotección, entre outros.

 

Alfonso Rueda felicitou ao servizo polo seu labor e tomou nota das reivindicacións realizadas.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.87

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.