Martes, 14 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 28 de Septiembre de 2018 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación de Pontevedra proporá a equiparación salarial dos efectivos contraincendios

Tal e como requiren os informes técnicos, o goberno provincial proporá á Xunta de Galicia a posibilidade de activar o mecanismo da Lei de Emerxencias

A Deputación de Pontevedra proporá á Xunta de Galicia, no pleno do Consorcio Provincial Contra Incendios, que  explore a activación da Disposición Adicional terceira da Lei de Emerxencias para posibilitar a equiparación salarial do persoal cos efectivos dos parques do Consorcio de Ourense e máis recentemente de Lugo, tal e como ven defendendo o goberno da institución.

 

O deputado Carlos Font confirmou hoxe que esta será a proposta na sesión monográfica e extraordinaria do Consorcio que xa está convocada para o próximo 3 de outubro, proposta motivada polo informe dos técnicos da Deputación de Pontevedra, que consideran que, sen a activación deste mecanismo da Lei de Emerxencias, a institución provincial “non pode, de forma legal, adoptar acordo favorable sobre a equiparación retributiva do persoal da empresa concesionaria co persoal da concesionaria de calquera outro Consorcio, xa sexa da propia provincia ou de outra”. De feito, o informe abre esta vía da disposición adicional da Lei de Emerxencias para que a Xunta acade un acordo coas Deputacións de Galicia e que sexa posible que o Consorcio Provincial de Pontevedra poida,  legalmente, aprobar a equiparación retributiva.

 

O deputado Carlos Font expresou o seu desexo de que “sexa posible chegar a consensos, tendo en conta que no último pleno do Consorcio Contra Incendios, tanto o goberno da Deputación como os representantes da Xunta de Galicia manifestaron a súa vontade política de que a homoxeneización dos salarios fose unha realidade e de poñer en marcha o proceso”. Font recordou que “o goberno desta Deputación ven dando todos os pasos para conseguir esta equiparación, por entender que é unha reivindicación plenamente xustificada para que o persoal que realiza os mesmos traballos perciba as mesmas remuneracións”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.