PROVINCIA
A Deputación de Pontevedra conmemora o Día Mundial do Turismo
“Que teñan escollido este ano o lema “Turismo e transformación dixital” vén a reforzar a nosa aposta por incorporar as TICS ao sector turístico provincial”, subliñou Carmela Silva
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto aos deputados de Turismo e de Innovación e Promoción Económica, Santos Héctor Rodríguez e Javier Dios, mantiveron un encontro coas cinco empresas que están a participar na primeira aceleradora de turismo da provincia. Este encontro, centrado na aposta da institución provincial pola incorporación das novas tecnoloxías ao sector turístico, celebrouse con motivo do Día Mundial do Turismo que se conmemora mañá xoves baixo o lema “Turismo e transformación dixital”.
A Deputación de Pontevedra a través de TurisTIC, o punto de apoio do sector turístico provincial en materia de novas tecnoloxías, lanzou este verán a primeira aceleradora de empresas do sector turístico provincial na que están a participar cinco empresas que están xa a ser monitorizadas, titorizadas, formadas e asesoradas. Máis polo miúdo, están a participar na aceleradora a casa de turismo rural e restaurante do Rosal “Abadía das Eiras”, a axencia de viaxes minorista de Vilagarcía “El salón de tus viajes”, o portal web colaborativo de Vigo “I´m a local”, a axencia de viaxes minorista-maiorista de Cambados “Namorarte” e a bodega de Vilanova “Gran Bazán”.
A presidenta enxalzou o peso feminino desta aceleradora xa que “das cinco empresas catro están dirixidas por mulleres o que pon de manifesto que as mulleres estamos a apostar firmemente polo emprendemento e que tamén queremos estar á vangarda das novas tecnoloxías”. Deste xeito, ata o 19 de outubro e a través da aceleradora, vaise mellorar a adaptación destas cinco empresas ás novas tecnoloxías e a acelerar as iniciativas emprendedoras innovadoras a través de formación especializada, dun programa de monitorización así como dun/dunha asesor/a persoal que ofrece seguimento individualizado.
A través da aceleradora, tal e como indicou Silva, estas empresas están a traballar para revisar as súas páxinas web, tanto na mellora dos contidos como do posicionamento e analítica; ofertar novos produtos; mellorar a súa comercialización online; estudar motores de reserva e softwares de venda; analizar a imaxe corporativa e deseñar plans de marketing dixital; mellorar a usabilidade web así como apostar pola incorporación de blogs e tradutores nos sites.
A presidenta sinalou que “empresas innovadoras como estas son máis que necesarias para traballar pola calidade e a excelencia nos servizos ás persoas que nos visitan”
Segundo adiantou a presidenta provincial, o vindeiro ano impulsarase unha nova aceleradora xa que, “estou segura, este proxecto piloto nos permitirá facer un seguimento e control para estender a todas as persoas emprendedoras e pemes de turismo que queiran apostar polas NTIC como dinamizadoras do seu negocio na provincia”.
Pola súa banda, Carmela Silva aproveitou a ocasión para poñer en valor a aposta do goberno provincial polas tecnoloxías e pola súa incorporación en todos os tecidos produtivos, como é o caso do turismo. “Non podemos esquecer que contamos con máis de 10.000 empresas dedicadas ao turismo, o que representa o 34% do sector en Galicia e significa que o 13% das empresas provinciais realizan actividades turísticas”.
“Que a Organización Mundial do Turismo teña escollido o lema “Turismo e transformación dixital” para celebrar este ano o Día Mundial do Turismo vén revalidar e reforzar máis, se cabe, a nosa aposta por incorporar as novas tecnoloxías ao sector turístico, unha cuestión que definiu o noso Plan Estratéxico, aprobado en decembro do ano pasado, e que estamos xa a impulsar na nosa provincia”, subliñou Carmela Silva. Neste eido, Silva recordou que amais da aceleradora de empresas turísticas, a primeira da provincia e unha das “máis potentes do Estado”, que está enmarcada na iniciativa TurisTIC, a Deputación de Pontevedra foi escollida polo Goberno de España como entidade promotora da “Red Estatal de Destinos Turísticos Inteligentes”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136