SALCEDA DE CASELAS
Salceda acollerá o V Curso de Música e Baile Galego
Preto de 50 persoas asistirán ás distintas especialidades do curso que terán lugar nos locais da Escola de Música de Salceda, sita na Rúa Doutor Zunzunegui, nº3
Os vindeiros dias 29 e 30 de setembro, o Concello de Salceda de Caselas acollerá o V CURSO DE MÚSICA E BAILE GALEGO. Esta edición, organizada pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s en colaboración co concello, contará con catro especialidades: Percusión tradicional, impartido por Francisco Estévez “Chuco”, gaita, impartido por Suso Vaamonde, canto e pandeireta, impartido por María Vidal e baile tradicional, impartido por Francisco Feijoó “Xisco”.
Preto de 50 persoas asistirán ás distintas especialidades do curso que terán lugar nos locais da Escola de Música de Salceda, sita na Rúa Doutor Zunzunegui, nº3.
Tanto a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s como o Concello de Salceda saben que o futuro da nosa cultura, do noso patrimonio inmaterial e etnográfico (as nosas tradicións, a nosa música, a nosa lingua, o noso canto e baile), pasa inevitablemente pola transmisión destes coñecementos ás novas xeracións, para que saiban conservalos e respectalos, e aquí é onde xoga un papel importantísimo a realización de cursos como o que vai a ter lugar nesta fin de semana, un curso que oferta ensinanzas relacionadas coa cultura tradicional galega, para promover a súa conservación, divulgación e promoción.
Este curso, pretende atender ó grande interese que acada a aprendizaxe da nosa música tradicional, en particular as especialidades de gaita, percusión, canto e pandeireta e baile, con aulas nas que se compaxinarán os aspectos teóricos cos aspectos prácticos; o curso vai a ter unha duración de 16 horas repartidas entre o sábado e o domingo, con horario de clases de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas e está dirixido a alumnado cunha base previa nas diferentes modalidades ofertadas, presentándose como unha ocasión única para perfeccionar coñecementos e técnicas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60