GALICIA
Feijóo renova o compromiso cunha Xunta solvente, responsable e cumpridora
Refírese á solvencia e á credibilidade como dúas calidades fundamentais para ter éxito no ámbito da xestión pública como privada
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, renovou hoxe o compromiso cunha "Xunta solvente, responsable e cumpridora".
Durante a súa participación no III Congreso Nacional de CFOs: A nova axenda do CFO, 10 tendencias que son presente, Feijóo falou de como a dixitalización está transformando todo o noso entorno, doméstico e laboral e incidiu na importancia de que tanto o tecido produtivo como as administracións se anticipen aos cambios para darlles resposta.
Neste sentido, referiuse á solvencia e á credibilidade como dúas calidades fundamentais para ter éxito tanto no ámbito da xestión pública como privada. “Saber cadrar o déficit público, a débeda e cumprir a regra de gasto é o mellor modo no que os gobernos poden contribuír a crear o entorno favorable que necesita a economía”, dixo, incidindo en que Galicia volveu cumprir os obxectivos de estabilidade orzamentaria.
Asevera que grazas á política responsable, Galicia sitúase entre as comunidades cun maior esforzo en investimentos; é a autonomía que paga en menos tempo a provedores
Así mesmo, precisou que a Comunidade acaba de pechar o exercicio cun déficit do 0,22%; é a cuarta autonomía con menor déficit acumulado nos últimos seis anos, un 4,98%; e é unha das rexións que menos incrementou a súa débeda na última década. “E, por iso, podemos dicir que un galego debe hoxe uns 2.000 euros menos que o resto dos españois que viven noutras comunidades autónomas”, abundou.
Feijóo aseverou que grazas á política responsable, Galicia sitúase entre as comunidades cun maior esforzo en investimentos; é a autonomía que paga en menos tempo a provedores, cunha media de 11 días; e, en 2016, aprobou a maior rebaixa fiscal da súa historia.
O presidente da Xunta concluíu destacando o traballo da Asociación para o Progreso da Dirección, unha entidade sen ánimo de lucro e de ámbito internacional que, con máis de 3.600 empresas asociadas en seis países, e presenza en todo o territorio nacional, a súa visión é a de chegar a ser a comunidade global de directivos máis influínte e xeradora de coñecemento e networking.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217