Lunes, 20 de Abril de 2026

Actualizada Lunes, 20 de Abril de 2026 a las 21:03:47 horas

Xornal21.es
Lunes, 01 de Octubre de 2018 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

ACiP denuncia a "falsa promesa de rebaixa no imposto de bens inmobles"

ACiP quere facer "público e con probas que, unha vez máis, o goberno municipal de Ponteareas faltaba á verdade nas súas promesas de baixadas de impostos durante este mandato. Neste caso falamos do IBI e un anunciado 10% de redución que, como se observa na documentación adxunta (un exemplo dos moitos que se poderán ver estes días, ao estar a recibir agora os veciños as notificacións de cobro), non foi así".

 

Para ACIP "demóstrase unha vez máis que as denuncias que lanzabamos hai un ano desde Alternativa Ciudadana de Ponteareas eran certas"". “O goberno non escatimou na súa campaña publicitaria -agora queda clara que enganosa- á hora de anunciar que reducirían impostos; tamén da contribución de todas as vivendas do termo municipal” recalca a concelleira de ACiP, Raquel Bautista Alfaya. “Por entón o noso grupo municipal xa advertía que esa información era incorrecta e que ese 10% nunca se reflectiría nos recibos dos contribuíntes”, asegura.

 

Ao contrario, todas as vivendas do centro urbano están a sufrir, ano tras ano, unha subida abusiva deste imposto. Así, en 2017 o IBI subiu, cando o goberno anunciaba baixadas, e a remesa de 2018, que está a chegar estes días, volve mostrar outra nova alza na contribución" sinala.

 

“Esta é unha proba máis do engano do actual equipo de goberno aos veciños e contribuíntes que pagan polas súas propiedades”, sostén a viceportavoz, “e que pagan, ademais, un dos impostos da contribución máis altos. Anualmente o concello recada ao redor de 3 millóns de euros neste concepto e os responsables, en lugar de axudar axustando os recibos -estes e outros- volven deixar as súas propostas no esquecemento”.

 

ACiP insiste en "advertir e informar aos veciños da situación actual e do malgasto económico en cuestións innecesarias ao que someteu o actual goberno ás arcas municipais. Alternativa Ciudadana de Ponteareas ten claro que os veciños tomarán boa nota sobre todo o ocorrido con este goberno, que chegaba envolvido na bandeira da baixada de impostos, políticas sociais e equilibro económico cando, cremos, o único que fixeron foi preocuparse pola repartición de soldos e por cobrar a final de mes".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.