GALICIA
Conde pon en valor o traballo da muller emprendedora
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta semana na Coruña na xornada Emprendedoras no Camiño que promove a Fundación Ronsel
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta semana na Coruña na inauguración da xornada Emprendedoras no Camiño, unha iniciativa organizada pola Fundación Ronsel co apoio da Xunta na que se está a dar visibilidade ao labor das emprendedoras galegas.
Na súa intervención, Conde destacou a creatividade e a sustentabilidade dos proxectos que participaron na cita co emprendemento feminino destacando iniciativas como Anaquiños de papel, unha empresa de creación de elementos decorativos en papel; a casa rural Parada das bestas ou a primeira cooperativa xurídica de Galicia Artigo 14.
O titular de Economía puxo en valor as capacidades das mulleres para marcar a diferenza e a valentía e o esforzo das que decidiron iniciar un proxecto de negocio optando polo modelo cooperativo e no rural.
Conde recordou o traballo da Administración autonómica para impulsar o acceso da muller ao mercado laboral a través de iniciativas como Emprega en feminino coa que se está contribuíndo a reducir o desemprego entre as mulleres. Galicia rexistra unha taxa de desemprego menor que a do conxunto de España, maiores taxas de actividade e menores taxas de temporalidade. Apuntou que hoxe hai máis mulleres ocupadas que hai 8 anos e por quinto ano consecutivo se incrementaron as afiliacións de mulleres nun mes de agosto logo de rexistrar este ano a suba máis relevante.
O titular de Economía destaca as capacidades das mulleres para marcar a diferencia e sinala a importancia de dar visibilidade ao seu traballo
Galicia acumula dous anos consecutivos de crecemento no que se refire a emprendemento feminino. Ademais, 6 de cada 10 persoas que actualmente teñen a intención de poñer en marcha un negocio en Galicia son mulleres.
Conde tamén lembrou que Emprega en feminino está a impulsar o emprendemento feminino, a conciliación, a igualdade na empresa e a súa incorporación cando se estea en situación de desemprego. Desde a súa posta en marcha en 2017, 80.000 mulleres galegas beneficiáronse das actuacións desta folla de ruta, logo de recibir asesoramento, orientación ou formación no marco deste programa.
Por último, gabou a celebración de xornadas como as de Emprendedoras no Camiño para dar visibilidade á muller e coñecer de primeira mano exemplos de esforzo e experiencias persoais que para moitas outras mulleres poden servir de motivación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126