TOMIÑO
Tomiño recibe axudas da Obra Social La Caixa para un programa de educación familiar
O proxecto denomínase “Medrando en familia” e abrangue accións individualizadas e colectivas en familias en risco de exclusión
La Caixa , a través do seu programa da obra social, ven de aportar ao Concello de Tomiño 4.950 € para realizar intervencións individuais de estimulación temperá no entorno familiar, co fin de previr situacións que poidan desencadear na marxinación social e educativa.
A axuda, que se materializou onte no Concello de Tomiño, procura influír no benestar dos máis cativos, a través dun proxecto de intervención socio-comunitario, denominado Medrando en Famlia, centrado prioritariamente nas familias con menores de 6 anos.
Así o manifestaron os responsables da oficina de La Caixa de Tomiño, acompañados do director de Área de Negocio, Igor de las Heras, durante a sinatura do correspondente convenio. Este explicou que a entidade busca investir fondos en iniciativas que, aínda que non sexan moi cuantiosas, incidan na calidade de vida dos cidadáns con menos recursos, auqueles que non poden acceder en igualdade de condicións á educación ou a terapias socio educativas, familiares, etc.
A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, acompañada pola concelleira de Benestar e a educadora do Concello, agradeceu o interese espertado polo proxecto de educación familiar presentado polo Concello ante La Caixa. Explicou que o obxectivo é estimular o establecemento de pautas básicas no eido familiar, fomentando hábitos positivos de comunicación e interacción entre nais, pais e fillos ou fillas. “Consideramos que a través deste proxecto socieducativo, centrado na estimulación temperá, podemos detectar e traballar, de maneira coordinada coa familia, facendo as derivacións oportunas e dotando de recursos para previr a exclusión social, a pobreza educativa infantil, etc.”, comentou a rexedora.
O programa, cuxo custe total rolda os 15.000 euros, abrangue tres áreas principais de intervención: espazos de encontro de carácter grupal, nos que abordar inquedanzas colectivas; obradoiros de traballo en familia, e intervencións individualizadas no entorno familiar, no caso que se detecten disfuncións.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213