O próximo domingo, 30 de setembro, as e os socialistas de Pontevedra celebrarán no Pavillón Municipal de Deportes de O porriño a súa primeira festa do partido socialista da provincia de Pontevedra ou I Festa da Rosa.
Participarán máximos dirixentes, non so da provincia, senon tamén de ámbito galego e Estatal, como Adriana Lastra, Vicesecretaria Xeral do PSOE e portavoz do Grupo Parlamentario Socialista, Abel Caballero, presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Carmela Silva, Presidenta da Deputación de Pontevedra, o Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, e o Secretario Xeral Provincial, David Regades. e a alcaldesa, anfitriona, Eva García de la Torre. Á festa acudirán, cargos orgánicos e institucionais, as deputadas e deputados, provinciais, autonómicos e do Congreso, alcaldesas e alcaldes da provincia, e cargos da Comisión Executiva Nacional e Provincial, entre outros.
Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.