Martes, 14 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 01 de Octubre de 2018 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación de Pontevedra adxudica máis de 700.000 € ao deporte federado

As axudas, dirixidas a apoiar a participación dos equipos en competicións oficiais, beneficiarán a 76 equipos en máis de 10 modalidades deportivas

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a concesión de 715.5000 euros para o deporte federado da provincia a través do programa de subvencións para os clubs que participan en competicións federadas de ámbito nacional. A iniciativa diríxese a apoiar a ditos clubs na súa participación en ligas e competicións oficiais de ámbito nacional convocadas por organismos ou federación deportivas galegas ou españolas nas modalidades deportivas con implantación na provincia de Pontevedra.


 
 A través deste programa de subvencións “Categoría Nacional 2018”, dirixido a equipos que compiten a nivel estatal, destínanse un total de 715.500 euros para 76 equipos de diferentes modalidades. En concreto, para clubs de baloncesto concédense un total de 100.000 euros, para  fútbol sala 30.000 €, un total de 123.500 euros para fútbol, bádminton 20.000 €, balonmán 185.000 €, atletismo 30.000 €, tenis de mesa 18.000 €, voleibol 35.000€, béisbol 15.000 €, ciclismo 64.000 € e para outras modalidades concédese un total de 95.000 €.

 

Dentro das axudas ao deporte, todas convocadas con bases e criterios técnicos e obxectivos, a Deputación xa ten aprobado en xullo a concesión de subvencións para clubs deportivos que compiten no ámbito inferior a nacional, por un importe global de 600.000 euros e que benefician a un total de 557 clubs. Nas próximas semanas aprobaranse as concesións para clubs que compiten no ámbito náutico, que inclúen as disciplinas de remo, vela e piragüismo, para as que se destinan 500.000 euros.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.