GALICIA
Medio Rural mantén ata novo aviso a prohibición de realizar queimas agrícolas e forestais
De acordo coa situación actual e as previsións do tempo para os vindeiros días non se concederán comunicacións nin autorizacións
A Consellería do Medio Rural informa de que as queimas de restos agrícolas e forestais amoreados seguen prohibidas en Galicia ata novo aviso, tendo en conta as condicións meteorolóxicas actuais e as previsións para os vindeiros días.
A decisión tomouse tras avaliar a evolución da situación do tempo e unha vez analizados polo miúdo os diferentes indicadores técnicos que inciden no risco de lume en tempada de alto risco. Tamén tendo en conta que a normativa –Decreto 105/2006, polo que se regulan medidas relativas á prevención de incendios forestais, á protección dos asentamentos no medio rural e á regulación de aproveitamentos e repoboacións forestais– prohibe as queimas cando as condicións meteorolóxicas poidan dificultar o seu control, especialmente nos días de vento.
Así mesmo, a Consellería do Medio Rural pide colaboración da cidadanía para que extreme as precaucións e denuncie calquera actividade delituosa incendiaria da que teña coñecemento. Insistimos en que, ata novo aviso, non está permitido o uso do lume para ningunha actividade agrícola e forestal.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60