SALCEDA DE CASELAS
Ana Cristina Pérez é a única candidata a presidir Novas Xeracións da provincia
Santiago Rodríguez Davila, voceiro do Partido Popular de Salceda de Caselas, e os membros do Comité Local, apoiaron e animaron a súa compañeira Ana Cristina Pérez na decisión de presentar a candidatura a Presidencia Provincial de Novas Xeracións.
Ana Cristina é unha rapaza de 23 anos, veciña do Barrio de Pegullal (Sta. María) graduada en Ciencias Políticas pola Universidade Complutense de Madrid.
O 1 de setembro, na Xunta Directiva de Novas Xeracións de Pontevedra, aprobouse a convocatoria do IX Congreso Provincial de NNXX de Pontevedra, momento no que Ana Cristina, tras ser apoiada polos compañeiros da provincia e do grupo local de Salceda, deu un paso adiante para presentar a súa candidatura. Según comentou, “a idea dun Congreso sempre adoita estar asociada a unha sucesión/renovación, sin embargo, agora non estamos ante un Congreso normal, senon que se convoca meses despois da triste noticia que asolou a provincia e a todo o Partido Popular pola pérdida do noso presidente e gran amigo Pablo Carollo”.
O presidente Carollo, a quen sempre lle estará agradecida, xa que “apostou por min para ser a Secretaria Provincial de Novas Xeracións desde o pasado mes de decembro, e a quen lle gustaría que seguise traballando para, agora, presentar a miña candidatura a este cargo. Preséntome con ilusión, responsabilidade e o compromiso que demostrei co PP e con NNXX. Preséntome para rendirlle homenaxe ao lema deste Congreso ‘Por ti, Pontevedra ten futuro’ e para continuar traballando como Pablo o fixo pola xuventude da provincia de Pontevedra” sinalou Ana Cristina.
Rodríguez Davila, amosa a súa satisfacción polo impulso que terá cara as eleccións municipais
Asemade, da as grazas “@s meus compañeir@s de Salceda, á familia e amig@s polo ánimo e apoio a esta decisión tan importante”.
Por outra lado, o presidente local e voceiro municipal, Santi Davila, sinalou que “o noso Concello conta máis que nunca na organización do Partido e nas Institucións Provinciais –Deputación de Pontevedra-. É un orgullo para a nosa organización local, ter unha persoa que poida asumir ese cargo e esa responsabilidade na Provincia”, continua Davila, “sempre dixen que son unha persoa reformista e inconformista, por elo dende sempre contei nas miñas candidaturas con persoas preparadas, xóvenes e inquietas, e Ana Cristina é unha desas rapazas que cumpre esas premisas”.
Onte, entregaban os apoios para formarlizar e oficializar a candidatura, sendo Ana Cristina Pérez Cabaleiro a única candidata que opta ó cargo tras entregar os apoios requeridos establecidos polo Comité Organizador do Congreso.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.168