Viernes, 28 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 03 de Octubre de 2018 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

Lazoiro logra recoller máis de 1000 kilos de lixo no río Tea en Salvaterra

A limpeza do río Tea en Salvaterra comezou o ano 2014 ao unirse á iniciativa Proxecto Ríos da asociación ecoloxista ADEGA

Un ano máis a asociación Lazoiro sumouse este domingo 30 de setembro á Limpeza Simultánea dos Ríos Galegos, impulsada polo Proxecto Ríos e que tivo lugar  dende a desembocadura do Tea  até  o Cordeiro, na parroquia de Alxén.

 

Lazoiro comezou con  esta iniciativa o ano 2014 e dende entón xa van VI edicións -un ano fíxose dúas veces- onde retiráronse un total de 1200 kilos de lixo no río Tea ao seu paso por Salvaterra, só nos treitos onde se realiza a limpeza, polo que dende Lazoiro destacan que “esta cantidade permítenos facer unha estimación aproximada de lixo “superficial”, tendo en conta que teríamos que chegar ata Ponteareas para concluír todo o treito”.

 

Ademais dos obxectos habituais atopados, como son os plásticos e arames, nesta edición destacan as rodas -unha delas de camión-, pezas de ferro e moito lixo diverso.

 

Dende Lazoiro queren resaltar a participación cidadán que houbo, en especial pola xente máis nova,  que puideron aprender a coñecer de forma directa a importancia de conservar o noso entorno. Implicándose tamén na posterior análise das augas e demais factores que serán enviados ao Proxecto Ríos para publicar no informe anual sobre o Estado dos Ríos Galegos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.21

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.