Martes, 14 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 03 de Octubre de 2018 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Seis novos concellos da provincia abren as inscricións para o programa “Tecendo Lazos 2018”

Cuntis, Campo Lameiro, Meaño, Oia, Pontecesures e Vila de Cruces inician o prazo para anotarse nos talleres que buscan promover espazos de encontro entre xeracións

Os concellos de Cuntis, Campo Lameiro, Meaño, Oia, Pontecesures e Vila de Cruces veñen de abrir os prazos de inscrición en diversos obradoiros do programa “Tecendo Lazos 2018”, impulsado pola Deputación de Pontevedra. Trátase dunha iniciativa que consiste en realizar talleres nos municipios adheridos para promover espazos de encontro entre as distintas xeracións familiares, sensibilizando e intercambiando aprendizaxes, recursos e ideas.

 

No concello de Cuntis vaise desenvolver o obradoiro “Creación de xoguetes tradicionais”. O prazo de inscrición está aberto, na Oficina Municipal de Información e Xuventude (OMIX), ata o vindeiro 15 de outubro. En Campo Lameiro, mantense aberta a inscrición, no Rexistro do Concello, ata o 12 de decembrobro e o taller será de “Risa e movemento”. “Creación de xoguetes tradicionais” será tamén a actividade que vai ter lugar en Meaño, con prazo de inscrición aberto na OMIX ata o 5 de novembro.

 

O mesmo obradoiro de “Creación de xoguetes tradicionais” desenvolverase en Oia, onde está aberta a inscrición, ata o 16 de outubro, na Casa do Concello. En Pontecesures, distintas xeracións traballarán sobre “Risa e movemento” e as persoas interesadas poden anotarse, na OMIX municipal, ata o próximo 30 de novembro. “Patchwork” será o taller que se vai realizar en Vila de Cruces e as persoas interesadas teñen para inscribirse, ata o 8 de outubro, na Casa do Concello.

 

Con estes seis novos municipios, na actualidade son 18 os concellos que xa manteñen aberto o prazo de inscrición nos distintos obradoiros de “Tecendo Lazos 2018”. Ao igual que estes municipios, os 38 da provincia adheridos este ano ao programa, irán iniciando nestas semanas as inscricións nos seus talleres, que se desenvolverán entre os meses de setembro e decembro.

 

A Deputación de Pontevedra destina este ano un total de 60.000 euros ao programa “Tecendo Lazos”, no que se poderán desenvolver ata 52 obradoiros. En cada taller poden anotarse persoas de entre 6 e 99 anos de idade, tendo un mínimo de 10 persoas e un máximo de 30, cun mínimo do 40% de menores. A súa duración será de 16 horas lectivas e axustaranse a catro temáticas diferentes: “Risas en familia”, “Xogos e xoguetes tradicionais: xogando en familia”, “O noso son: bailes e cancións de agora e de sempre” e “Faino ti”.

 

Todos os obradoiros inclúen o módulo  “A historia do meu municipio”, a través do que as persoas participantes se achegarán máis polo miúdo á historia do seu propio concello, recompilando historias, lendas, contos ou fotografías dos mesmos. Cada municipio elaborará un traballo que se presentará a un concurso, que na pasada edición de 2017 gañou o concello da Lama co proxecto “Andando gaña o muíño, que parado está perdido”.

 

“Tecendo Lazos” diríxese aos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes, que se adheriron ao programa e que nesta edición son  38: Baiona, Barro, Caldas de Reis, Campo Lameiro, A Cañiza, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Cuntis, Fornelos de Montes, Gondomar, O Grove, A Guarda, A Illa de Arousa, A Lama, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz, Mondariz-Balneario, Moraña, Mos, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, Poio, Ponte Caldelas, Pontecesures, O Porriño, Portas, Ribadumia, O Rosal, Salceda de Caselas, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Valga e Vila de Cruces.

 

Este ano sumáronse 12 concellos máis a esta iniciativa, xa que en 2017 participaron en “Tecendo Lazos” 26 municipios da provincia. En concreto, o ano pasado tomaron parte nos distintos obradoiros realizados un total de 534 persoas, cunha media de entre 19 e 20 persoas en cada un dos talleres realizados.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.