PROVINCIA
Carmela Silva e Patricia García exploran novas vías de colaboración entre Deputación e Círculo de Empresari@s
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, mantivo esta semana un encontro coa presidenta do Círculo de Empresarias e Empresarios de Galicia, Patricia García, a primeira muller en presidir esta organización nos seus 25 anos de historia. Durante a reunión, a presidenta provincial e a dirixente empresarial acordaron explorar a apertura de novas liñas de colaboración para poñer en marcha iniciativas destinadas a promover o emprendemento feminino e a visibilización das mulleres ao fronte da dirección das empresas.
Neste senso, Carmela Silva e a presidenta do Círculo abordaron a cuestión da necesidade da integración das mulleres nas empresas e na dirección das mesmas, o que se traduce “nunha maior responsabilidade social corporativa, internacionalización, competitividade e aposta pola creación de redes empresariais tanto en Galicia como en Portugal”, explicaron. Máis polo miúdo, a presidenta da Deputación tamén saudou o novo modelo empresarial vinculado ao século XXI e as novas ideas de Patricia Rodríguez, así como o seu empeño en “priorizar o modelo de interrelación das persoas no mundo das empresas e da dignidade no traballo”.
Patricia García, que tomou a posesión como presidenta do Círculo de Empresarias e Empresarios o pasado mes de maio, é licenciada en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Vigo e experta en metodoloxías “e-learning”, é tamén a presidenta institucional do Grupo Femxa e colabora de forma activa coa Universidade de Vigo e con AJE Galicia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136