DEPORTES
A xogadora de balonmán Alesia Kurchancova será a madriña da 15k do Atlántico – Banco Mediolanum
A xogadora bielorrusa do Mecalia Atlético Guardés Alesia Kurchancova será a madriña da 15k do Atlántico, a celebrarse este domingo día 7 de outubro cun percorrido entre os concellos de Oia, O Rosal e A Guarda.
Alesia Kurchancova cumpre este ano a súa sétima tempada no conxunto de balonmán Mecalia Atl. Guardés e dí sentirse «coma unha galega máis», non dubidando nin un momento en aceptar a invitación feita pola organización da 15k do Atlántico para ser a madriña desta carreira que chega este ano á súa sexta edición.
Alesia, é un exemplo de que con esforzo, traballo e calidade, pódense acadar éxitos. Da súa mano, o Mecalia Atlético Guardés pasou de ser un semidescoñecido equipo dunha pequena vila mariñeira galega, a converterse en Campionas da Liga Guerreras Iberdrola na Tempada 2106/17 e subcampionas o pasado ano. Este ano o técnico José Ignacio Prades, aspira a recuperar o cetro perdido.
A 15k do Atlántico celébrase xa este domingo, con saída ás 11:00h dende o Campo de fútbol de Oia, para chegar ata o Porto da Guarda. As inscricións para participar nesta proba deportiva, unha das probas referentes no running galego, están abertas ata este mércores día 3 de outubro a través da web www.championchipnorte.com.
O evento tamén contará unha edición máis cunha andaina popular de 12km de percorrido, dentro do concepto e filosofía de «Deporte saudable»
Tamén contarase este ano coa participación dun grupo de 6 ciclistas de Discamino e cun stand de Bicos de Papel, un xeito de visibilizar e apoiar o traballo deste tipo de colectivos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11