SALCEDA DE CASELAS
Besada recrimina á Editorial do Xornal21 non ter solicitado “permiso” para depositalo periódico
Nun escrito remitido á editorial nega a participación do goberno na sustracción de exemplares
O Alcalde de Salceda de Caselas, Marcos Besada, ven de remitir un escrito no que recrimina ata en dúas ocasións á editorial do periódico gratuito Xornal21 “que nunca solicitou permiso para deposítalo nas dependencias municipais”.
Besada reprocha que “ata o de agora nunca tiveron vdes problemas para depositar exemplares do seu Xornal21 nas diferentes dependencias municipais, malia non existir ningún tipo de convenio de colaboración entre este Concello e o Xornal, e que por certo, nunca solicitaron permiso formal nin autorización para facelo…”.
Pablo Freijeiro, Director Técnico da publicación aclara que “nunca ningunha entidade ou institución dos concellos nos que realizamos reparto de publicacións gratuitas, dende fai 20 anos, nos esixiu que pidamos “permiso” para poñer exemplares gratuitos da publicación a disposición das súas veciñas e veciños. Supoño que no caso de Salceda de Caselas, tampouco será o caso, tal e como nos recriminaba, pois nunca se dirixiron a esta Editorial para indicar o contrario nos 11 anos que levan no cargo”.
Despois de que se dese a coñecer a sustracción de exemplares en dependencias municipais o alcalde remitía unha carta asinada, de dúas follas, na que negaba a participación do goberno nos feitos “este goberno municipal non se dedica a secuestrar ninguna publicación, nin de custe nin gratuita, porque afortunadamente temos moitas ocupacións moito máis urxentes e apremiantes e xamais se nos pasou pola cabeza actividade dese tipo” dicía textualmente no seu escrito.
As estrañas explicacións negando a participación nos feitos veñen dadas sen que, en ningún caso, a Editorial responsailizase nunca ao goberno así o seu director Técnico, Pablo Freijeiro, explica que “nunca se imputou ou acusou a nadie do equipo de goberno, nin ao alcalde coma responsable directo dos feitos”.
Besada remata o seu escrito asegurando que “seguiremos a mostrar colaboración na difusión do seu periódico” e dende a editorial afectada polo secuestro piden “o seu máximo esforzo para dar co autor ou autores destes lamentables feitos”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60