Lunes, 20 de Abril de 2026

Actualizada Lunes, 20 de Abril de 2026 a las 21:55:06 horas

Xornal21.es
Martes, 02 de Octubre de 2018 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

A Banda de Xinzo asombra ao público cunhal “Noite de amor con lela”

O pasado domingo 30 de setembro a Banda de Música Xuvenil de Xinzo ofreceu o último concerto-espectáculo deste ano 2018 no Auditorio Municipal de Ponteareas. Nesta ocasión, a agrupación contou coa colaboración de grandes artistas que acompañan, entre outros, ao afamado músico, compositor e cantante galego, Roi Casal. Ana Silva coa voz narradora, Pachi Cruz ao contrabaixo e Silvia Ferre como cantante, fixeron da creación do pianista e compositor Alfredo Susavila e os textos do escritor Fernando Lavandeira, unha delicia para os sentidos.

 

O publico presente, que encheu unha vez máis o Auditorio Municipal de Ponteareas, viuse asombrado pola posta en escea da propia da Banda de Xinzo. A beleza e a calidade interpretativa de temas da primeira liña da composición tradicional galega, como son “Lela”, “Por ti”, “Quen puidera namorala”, “Rosiña do mes de maio”, “Ramito de violetas”, “Meu amor é mariñeiro” e “Quizás”, asombraron unha vez máis a todos os asistentes durante practicamente as 2 horas que durou o espectáculo.

 

O Director da Banda de Xinzo, Javier Blanco, resalta que “con este concerto seguimos consolidando unha liña musical ascendente; o traballo de todos os músicos está sendo fantástico. A pesares de que cheguei á Banda de Xinzo hai menos de medio ano, estou moi contento coa capacidade organizativa de todo o equipo directivo, e sobre todo co nivel e talento musical co que conta esta agrupación”.

 

O Presidente da Banda de Xinzo, Francisco Represas, quixo agradecer públicamente ao peche do concerto o apoio, tanto organizativo coma económico, de tódolos socios da propia Banda de Música. “Gracias a eles, podemos dar un salto significativo na calidade da posta en escea dos concertos ofrecidos pola propia agrupación musical ao longo deste ano 2018”. Así mesmo, tamén agradeceu a colaboración do Concello de Ponteareas a través dos convenios económicos existente coa propia Banda de Xinzo e a súa Escola de Música.

 

Por outra lado, tamén destacar que o mesmo domingo 30 de setembro, a Coral Cantares de Xinzo, que depende da propia Banda de Música de Xinzo, participou no Festival de Corais de Pazos de Borbén, o que pon de manifesto a intensa actividade e masa social que está acadando a Banda de Xinzo, xuntado a máis de un millar de persoas de forma directa e indirecta. Representando así, todo un referente musical Galego.

 

Con este concerto, a Banda de Xinzo encarrila un final de ano coa mente posta no súa próxima cita, que será un concerto na tarde do próximo domingo 7 de outubro na cidade de Lugo con motivo das festas de San Froilán. Ademáis do concerto de Santa Icía o 24 de novembro e o de nadal o 29 de decembro, ámbolos dous no Auditorio do Centro Cultural de Xinzo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.