Viernes, 23 de Enero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 04 de Octubre de 2018 Tiempo de lectura:
A GUARDA

A Biblioteca da Guarda oferta novas actividades no mes de outubro

A Biblioteca Pública Municipal da Guarda oferta neste mes de outubro dúas novas actividades que terán lugar o venres 5 coa «Bebeteca: día das Mascotas» e o sábado 27 cunha nova sesión de «Contos Contados».

 

Este venres día 5 de outubro ás 18:00h a Biblioteca Pública Municipal da Guarda elixirá o nome da mascota da bebeteca nunha actividade denominada «Bebeteca: día das Mascotas», onde os nenos e nenas poderán ir acompañados da súa mascota favorita e terán sesións de contos, moita diversión e agasallos para os asistentes. A Bebeteca é un espazo con libriños especialmente pensados para iniciar na lectura aos bebés. Libros con imaxes, texturas, formas, sons e títeres de dedo. A Bebeteca ten un can como mascota e nesta ocasión os bebés e familias acompañantes poderán descubrir o novo aspecto da sección Bebeteca, compartir un ratiño de lecer cos libros, ler un conto, elixir un nome para o can que garda os libros. Esta actividade está recomendada para idades de 0 a 3 anos e de 3 a 6.

 

O sábado 27 de outubro realizarase unha nova sesión de «Contos Contados» a partires das 11:30h a cargo de Nelson Quinteiro co seu espectáculo «Pequeno Cabaret Infantil», unha actividade programada para celebrar o Día das Bibliotecas que ten lugar cada 24 de outubro.

 

"Pedrito Mendrugo" e a súa pulga "Jacinta Florette" farán as delicias dos máis pequenos e tamén dos máis crecidiños transformando algúns contos populares desde un punto de vista moito máis cómico e actual. Un espectáculo que saca o máximo partido ao cabaret e aproveita o colorido do xénero, o seu ritmo e carácter desenfadado, a súa alegre música para falar dos contos de toda a vida. Un espectáculo con un ritmo frenético, moita interacción co público, sorpresas, cancións, coreografías e un carácter moi tenro e entrañable. Esta actividade está enmarcada no programa «Ler conta moito», para a  dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Secretaría Xeral de Cultura, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración coas entidades locais.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.