Martes, 14 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 04 de Octubre de 2018 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

32 concellos da provincia acollen novas accións formativas do programa “Conectadas 2018”

Preto de 1.000 mulleres e homes participan dende esta semana no programa da Deputación dirixido á promoción da igualdade

Ao longo desta semana preto de 1.000 mulleres e homes de 32 concellos da provincia comezan os cursos do programa “Conectadas 2018”, unha das iniciativas da Deputación de Pontevedra encamiñadas á promoción e desenvolvemento da igualdade. Os concellos que acollerán estas accións son: Catoira, A Estrada, Gondomar, Marín, Ponte Caldelas, O Porriño, Salceda de Caselas, Silleda, Tui, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Cambados, Campo Lameiro, A Illa, Marín, Meis, Mos, Ponteareas, Sanxenxo, Vigo, Vila de Cruces, Baiona, Caldas de Reis, Lalín, Moaña, Pontevedra, Redondela, Cangas, O Grove, A Guarda, Mondariz e A Lama.

 

Na comarca de Pontevedra. En Marín haberá dous obradoiros: un de Ximnasia de Mantemento ao que asistirán 15 persoas da Asociación de Mulleres Veciñais Virxe do Porto os luns, mércores e venres,  de 18:30 a 19:30 horas; outro taller será de Cociña e Alimentación, todos os martes, de 17:00 a 20:00 horas, na Asociación Cultural Santo Tomé de Piñeiro. En Ponte Caldelas, 16 persoas da Asociación Mulleres Rurais Aires del Norte e Olé tratarán sobre Relaxación e Manexo do Estrés todos os luns, de 20:00 a 22:00 horas. A Asociación de Mulleres Rurais A Chanciña de Campo Lameiro organiza un obradoiro de Pilates os luns e os martes, polas tardes, no que van participar preto de 20 persoas. En Caldas de Reis, 15 mulleres e homes da Asociación de Mulleres Rurais Carballeira traballarán na Iniciación á Costura todos os mércores, de 17:00 a 20:00 horas. Este mesmo obradoiro va comezar tamén, en Pontevedra, na Asociación Cultural A Queimada, todos os mércores pola mañá, de 10:00 a 13:00 horas. No municipio da Lama, a Asociación de Mulleres O Seixido levará a cabo un curso sobre Ximnasia de Mantemento, os sábados e os luns, de 17:30 a 19:00 horas.

 

En canto a comarca de Vigo, na cidade de Vigo haberá cinco accións formativas. En Lavadores, 15 persoas da Asociacións Veciñal de Consumidores e Usuarios  traballarán nun taller de Pintura, todos os mares, de 16:00 a 18:30 horas. A Federación de Asociacións de Minusválidos Cogami organiza un obradoiro de Risoterapia, todos os mércores de 16:00 a 19:00 horas, para o que están anotadas 15 persoas. 16 persoas da Asociación de Mulleres Dorna tratarán sobre Alfabetización Dixital II os xoves de 16:00 a 18:00 horas. A Asociación Veciñal de Cabral organiza un taller de Xardinería, todos os venres, de 17:00 a 20:00 horas, para o que están inscritas 17 persoas. E por último, a Asociación Fibromialxia de Pontevedra ten previsto unha actividade de Sendeirismo todos os venres, de 16:00 a 19:00 horas. En Gondomar realizarase un obradoiro de Teatro ao que asistirán 15 persoas do Centro Cultural e Deportivo La Merced de Chaín, os luns e venres, de 20:00 a 22:00 horas. No Porriño haberá unha acción formativa sobre Iniciación á Costura todos os luns, de 17:00 a 20:00 horas, na Asociación de Amas de Casa Rosais, na que van tomar parte 16 persoas. En Salceda de Caselas levarase a cabo un obradoiro de Intelixencia Emocional, no que participarán 25  persoas da Asociación Cultural Deportiva e Ecoloxista Treze Catorze, todos os luns de 19:45 a 22:45 horas. A Asociación Cultural San Martín de Tameiga, en Mos, traballará sobre Pilates, todos os martes e xoves, de 18:00 a 19:30 horas, nunha actividade para a que están inscritas 18 persoas. En Redondela haberá dúas accións formativas: a Asociación de Mulleres de Chapela Agarimo organiza un taller de Conservación de Alimentos, Conservas Artesanais, todos os mércores de 17:00 a 20:00 horas; a Asociación de Mulleres Rurais Sementeira traballará sobre a Iniciación ao Scrapbooking, todos os mércores de 17:00 a 19:3o horas. Tamén en Baiona se van desenvolver dous obradoiros: de Risoterapia, na Asociación de Viúvas Mercedes de la Escalera, e de Sendeirismo, na Asociación Local de Amas de Casa e Consumidoras. Os dous talleres serán os mércores pola tarde e asistirán preto de 40 persoas.

 

Na comarca do Morrazo, en Cangas haberá dúas actividades: 17 persoas da Asociación de Mulleres Escola Vella do Hío traballarán en Coidados Propios do teu Benestar os venres de 17:00 a 20:00 horas e a Asociación de Mulleres Progresistas de Darbo organiza Cociña e Alimentación e Hábitos Saudables os venres de 17:00 a 20:00 horas, para o que hai 18 persoas inscritas. En Moaña, 17 persoas da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer do Morrazo participarán nun taller de Teatro os luns, mércores e venres de 11:30 a 12:30 horas.

 

No Salnés, en Vilagarcía serán 24 persoas da Asociación de Mulleres Rurais de Fontecarmoa as que participen nun obradoiro de Pilates, que será os luns e os mércores, de 19:00 a 20:00 horas. Tamén en Vilagarcía haberá outras dúas actividades: unha será na Asociación Veciñal Agustín Romero de Cornazo, onde 15 persoas farán pintura, todos os xoves de 17:00 a 20:00 horas; e outro obradoiro de Alfabetización Dixital II será na Asociación Cultural Xeada, os martes de 16:30 a 19:30, onde asistirán 17 persoas. En Vilanova vanse desenvolver cinco accións formativas. 17 persoas da Asociación de Mulleres Rurais Aceñas de Baión farán Ioga todos os luns e xoves de 20:00 a 21:30 horas. Na Asocaciación de Mulleres Rurais O Campanario haberá Iniciación ao Scrapbooking, todos os luns de 19:00 a 22:00 horas, para o que están anotadas 15 persoas. Outras 15 persoas da Asociación de Mulleres Rurais O Mouriño traballarán na Conservación de Alimentos e Conservas Artesanais, todos os luns de 19:00 a 22:30 horas. Relaxación e Manexo do Estrés será a actividade que vai desenvolver a Asociación de Mulleres Rurais e Amas de Casa Citania de Baión, os venres de 19:30 a 22:30 horas, no que están inscritas 17 persoas. O mesmo número de inscricións ten o obradoiro de Cociña, Alimentación e Hábitos Saudables da Asociación de Mulleres Rurais Lolita Trigo, que será os xoves de 19:30 a 22:30 horas.

 

En Cambados, a Asociación de Mulleres Rurais de Castrelo As Saíñas organiza un taller de Conservación de Alimentos e Conservas Artesanais, que será os martes de 19:30 a 22:00 horas, con 15 inscricións ata o momento. 23 persoas da Asociación de Amas de Casa Albariño traballarán na Alfabetización Dixital II todos os mércores de 17:30 a 19:30 horas. Tamén en Cambados, a Asociación Veciñal San Vicente organiza Cociña e Alimentación e Hábitos Saudables para os mércores, de 20:00 a 22:30 horas, para o que hai 20 persoas inscritas. No concello da Illa, a Asociación de Mulleres Rurais San Vicente ten un taller de Teatro para os martes e xoves, de 17:00 a 19:00 horas, con 15 persoas anotadas. En Meis, 15 persoas da Asociación de Mulleres Rurais O Marco de San Salvador falarán de Cociña e Alimentación e Hábitos Saudables os martes e mércores de 20:30 a 22:30 horas.

 

En Sanxenxo, a Asociación de Mulleres Rurais e Consumidoras Santa Catalina de Portonovo terá o taller de Cociña e Alimentación e Hábitos Saudables todos os martes, de 17:00 a 20:00 horas, para o que se anotaron 15 persoas. Outras 15 persoas da Asociación de Mulleres Celso Emilio Ferreiro de Sanxenxo traballarán na Iniciación á Costura, todos os martes de 19:30 a 22:30 horas. No Grove, 21 persoas da Asociación de Mulleres Rurais A Lagoa farán Iniciación ao Patchwork os venres, de 19:00 a 22:00 horas.

 

No Condado-Paradanta, en Mondariz serán 16 persoas da Asociación de Mulleres de Gargamala as que participen nun obradoiro de Alfabetización Dixital II os sábados de 19:00 a 22:00 horas. En Ponteareas, desenvolverase un obradoiro de Pilates, ao que asistirán 15 persoas da Asociación San Salvador os martes e xoves de 19:30 a 20:30.

 

Na comarca do Baixo Miño, en Tui haberá un taller de Cociña e Alimentación e Hábitos Saudables, que será os luns de 16:30 a 19:30, e para o que hai anotadas 17 persoas. No concello da Guarda, o obradoiro de Risoterapia acollerá a 18 persoas da Asociación de Mulleres Rurais Santa Tecla, todos os venres de 16:00 a 19:00 horas.

 

Na comarca do Deza, Silleda acollerá un obradoiro de Ximnasia de Mantemento no que participarán 15 persoas da Asociación de Mulleres Rurais de Dornelas os luns e os mércores de 20:00 a 21:30 horas. Tamén en Silleda haberá outros dous talleres: Iniciación á Costura na Asociación de Mulleres do municipio de Silleda, os xoves de 19:00 a 22:00 horas, e o mesmo na Asociación de Mulleres Rurais Fervenza do Castelo, os xoves de 21:00 a 24:00 horas. En Lalín, 15 persoas da Asociación Mulleres en Igualdade Vilanova traballarán en Musicoterapia os venres de 20:30 a 23:00 horas. Iniciación ao Scrapbooking é o taller que a Asociación de Mulleres en Igualdade de Vilatuxe vai realizar os xoves, de 16:00 a 19:00 horas, para o que hai anotadas 15 persoas. Outras 15 persoas da Asociación de Mulleres en Igualdade de Cercio en Lalín tratará de Reciclaxe e Medio Ambiente todos os mércores de 16:00 a 19:00 horas. Tamén nesta comarca, en Vila de Cruces haberá tres obradoiros, nos que van participar preto de 50 persoas: dous de Pilates na Asociación de Mulleres Rurais de Camanzo (os martes de 18:15 a 19:45 horas) e na Asociación de Mulleres Ruais Brincadeira (martes e xoves de 16:30 a 18:00 horas) e un de Iniciación ao Patchwork na Asociación de Mulleres Rurais de Sabrexo os martes de 20:00 a 23:00 horas.

 

En Tabeirós-Terra de Montes, A Estrada vai acoller cinco accións formativas. 20 persoas da Asociación Veciñal de Frades traballarán na Poda e Tarefas do Campo dende a Sustentabilidade os luns de 16:00 a 19:00 horas. A Asociación Cultural Mulleres Rurais San Xurxo Vea organiza o obradoiro de Cociña e Alimentación e Hábitos Saudables os martes de 20:30 a 23:30 horas, no que hai anotadas 16 persoas. Este mesmo taller farán 16 persoas da Asociación de Mulleres Rurais de Paradela os xoves de 19:00 a 22:00 horas. De Iniciación ao Patchwork tratarán 15 persoas da Asociación de Mulleres Rurais Os Muíños Curantes os xoves de 20:00 a 23:00 horas. A Asociación de Veciños Santa Apolonia de Guimarei organiza os venres, de 19:45 a 22:45 horas, o taller de Cociña, Alimentación e Hábitos Saudables, con 15 persoas anotadas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.