SALCEDA DE CASELAS
Os socialistas conseguen apoio para ampliar o periodo de exposición do inventario municipal
A emenda socialista permitirá que a veciñanza teña 2 meses para coñecer e presentar alegacións en lugar dos 20 días que pretendía o goberno local
O grupo municipal socialista de Salceda presentou para o pleno celebrado onte unha emenda para ampliar a exposición pública de vinte días a dous meses, unha iniciativa que saíu adiante co voto favorable dos tres grupos da corporación.
No pleno, Gela Ledo recriminou ó alcalde que non se lle facilitase unha copia dos traballos realizados antes da comisión informativa, para ter tempo suficiente a coñecer con detalle un traballo que o propio alcalde cualificou de moi extenso. “Por eso nuestro grupo optó por la abstención en este punto, porque no nos permitieron el tiempo suficiente para conocer el trabajo realizado, se alardea de transparencia pero después dificultan el trabajo a la oposición. De todos modos, el grupo socialista consideró que era necesario que el procedimiento echase a andar y se abriese ese período de alegaciones y que los vecinos y vecinos puedan realizar sus alegaciones”.
A portavoz socialista Verónica Tourón, pediu, por ética, ausentarse do debate e da votación, xa que o inventario municipal afecta a moitos veciños e veciñas entre os que se atopa a súa familia directa. Polo que comunicou ó pleno que abandona a sala por ética e porque consideraba que os concelleiros e concelleiras teñen que ter presente en todo momento a separación da acción pública da privada e que non quería co seu debate nin co seu voto beneficiar en ningún caso a súa familia, exercendo Gela Ledo de voceira neste punto.
Anuncian dende o grupo socialista que nas próximas datas levarán a rolda anual de charlas polas parroquias nas que se falará deste tema e doutros de interese veciñal, “cumprindo co noso compromiso electoral, visitaremos como todos os anos as parroquias e o centro da vila, nunhas charlas que permiten á veciñanza participar e coñecer os temas de interese municipal. Xa o fixemos co PXOM, coa situación económica provocada polos recoñecementos de crédito, a situación da educación, etc. e seguiremos nesa liña achegando a xestión municipal á veciñanza”.
Os requirimentos dos traballadores e traballadoras do Concello no Pleno
En relación coa asistencia de novo dos traballadores do concello no pleno desta semana reclamando os seus dereitos, o grupo socialista volveu a trasladarlle o seu apoio. Recriminan dende o grupo que o alcalde non faga absolutamente nada por “desbloquear” esta situación poñendo vontade política, negociando e presentando encima da mesa unha alternativa. Recordáronlle tamén ó grupo de goberno que a falta de talante para negociar está levando ó concello a quitarlle do peto de todos os veciños e veciñas custos que podían ser evitados como avogados e indemnizacións”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.168