OO Alcalde durante o Pleno do 1-O / A. Hernández Os traballadores do Concello de Salceda “entre os máis precarios do país”
Os empregados públicos do concello de Salceda e as distintas organizacións sindicais fan visible de novo a súa protesta no Pleno Municipal do día 1 de outubro
Os traballadores afirman que "varios concelleiros do equipo de goberno teñen que devolver as arcas do concello un total de 23.950 € cobrados irregularmente"
Os empregados públicos do concello de Salceda de Caselas e os distintos sindicatos, manifestáronse no pleno celebrado no concello o luns día 1 de outubro, onde o Alcalde de Salceda comparecía a petición dos grupos da oposición, para precisamente, dar conta do conficto laboral que se está a vivir dentro do concello.

A pesares de que os funcionarios e laborais de Salceda están “entre os máis precarios do país”, segundo afirman distintos sindicatos con representación no concello (CC OO, CSIF e CIG), non se recoñece “a súa antigüidade, non hai promoción interna, nin horario de verán, nin conciliación familiar....”
Traballadores e Sindicatos denuncian que que “non existe ningún Convenio Colectivo que regule os dereitos e obrigacións dos empregados, a pesares de presentar máis de catro borradores para negociar na Mesa Xeral de Negociación”
Explican que son “un grupo cunha idade media de 50 anos, curta, na que houbo baixas laborais por maternidade, enfermidades graves, intervencións cirúrxicas, baixas por depresión causadas por acoso laboral e incluso o falecemento dun compañeiro recentemente”.
Os empregados públicos queixánse de que os cargos políticos deste concello “teñen unha partida de 242.807,80 € anuais para os seus salarios e dietas fronte os 208.177,01 euros que cobran todos os traballadores e traballadoras laborais da plantilla municipal xuntos”.
Nos últimos tempos teñen presentado “ata 25 demandas de traballadores e traballadoras, por despidos improcedentes, equiparación salarial, indefinicións, recoñecementos de antigüidade... con infinidade de cartos aboados en indemnizacións e atrasos que pagan todos os veciños e veciñas de Salceda nos xulgados, máis os gastos na contratación dos avogados”.
Os empregados denuncian que “a pesares de todo isto, o señor Alcalde adopta a actitude de Paco Martínez Soria na película 'Don Erre que Erre', e contra vento e marea se mantén na súa posición, a de ofertar nada de nada, ante o estupor dos traballadores presentes no pleno, os representantes sindicais, os veciños, e incluso a vergonza dalgúns dos concelleiros do seu propio grupo de goberno. Fai unha comparecencia lida, botándolle a culpa 'a todo o que se move', excepto a súa xestión neste conflito ¡claro está!” explican nun comunicado emitido hoxe.
Durante a súa intervención o alcalde, segundo relatan os empregados presentes “lee tan pancho, un informe do tribunal de contas do ano 2009 pola parte que lle interesa, onde se refire a dous funcionarios, pero omite que varios concelleiros do seu equipo de goberno teñen que devolver as arcas do concello un total de 23.950 € cobrados irregularmente, omite tamén onde lle insta ao concello a elaborar con urxencia un RPT (que a día de hoxe 9 anos despois non existe); recrimina aos delegados sindicais e os sindicatos que non son válidos para a negociación, pecha o pleno sen darlle a voz.....e se marcha tan tranquilo!”
Deste xeito o conflito laboral entre Goberno de Salceda de Caselas e os seus empregados municipais vaise incrementando ata chegar a unha situación que se torna insostible tanto para traballadores coma para o propio equipo de Goberno.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.168