Miércoles, 15 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 05 de Octubre de 2018 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Deputación e Xunta inician a homoxeneización de salarios dos efectivos contraincendios

Carmela Silva e Luis Menor amosaron a súa satisfacción pola unanimidade do acordo entre ambas as dúas administracións para impulsar a equiparación

O pleno do Consorcio Provincial para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento de Pontevedra acordou esta mañá por unanimidade desbloquear os requirimentos legais para equiparar os salarios dos efectivos contraincendios que traballan na provincia, cos do persoal que o fai nos parques dos consorcios de Ourense e de Lugo.  Deste xeito, tanto a presidenta da Deputación como o director xeral de Emerxencias da Xunta de Galicia informaron que o pleno acordou a posta en marcha da homoxeneización das retribucións e anunciaron que nun prazo moi breve se activarán os mecanismos para que este ano quede resolto.

 

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, explicou que tralo pleno anterior do pasado mes de abril, no que se manifestou o compromiso de proceder á homoxeneización das retribucións do persoal, o persoal técnico da institución provincial realizou un informe de fiscalización que determinaba a necesidade de que a Xunta de Galicia activase a disposición adicional terceira da Lei de Emerxencias de Galicia para proceder á equiparación. Neste eido, o director Xeral de Emerxencias, Luis Menor, manifestou durante o pleno a vontade da Xunta de Galicia de aceptar a proposta e activar dita disposición para impulsar a homoxeneización salarial dos efectivos que están a desenvolver o seu traballo no Consorcio Provincial de Pontevedra.

 

“Eu lle quero agradecer ao director Xeral de Emerxencias da Xunta de Galicia que impulse esta homoxeneización xa que así, con esta posición expresa, temos o marco legal para facer fronte á homoxeneización dos salarios das persoas traballadoras do Consorcio de Pontevedra”, asegurou Silva, “unha cuestión de xustiza de que a iguais traballos se teñan iguais salarios”. Amais, a presidenta tamén adiantou que nun prazo “moi breve levaremos ao pleno da Deputación esta cuestión para que este ano poida facerse efectiva a homoxeneización e que así, as persoas que fan os mesmos servizos teñan tamén as mesmas retribucións”.

 

Pola súa banda, o director xeral de Emerxencias da Xunta, Luis Menor, agradeceu “o bo talante da presidenta provincial, coa que é fácil chegar a acordos” e recordou que “no momento en que a Deputación de Pontevedra nos trasladou esta proposta en abril sempre amosamos a nosa disposición favorable a que se aplicase tamén en Pontevedra. Se a solución era activar a disposición adicional terceira da Lei de Emerxencias así o facemos para que poida ser efectiva no menor tempo posible”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.