TOMIÑO
Tomiño organiza un novo curso para preparar a ESO por libre
As persoas interesadas poderán inscribirse oficialmente no rexistro municipal ata o día 11 deste mesmo mes
O Concello de Tomiño organiza o curso de formación de persoas adultas co obxectivo de preparar ao alumnado para obter o graduado da ESO por libre, a proba de acceso a ciclos medios e as de competencias clave.
Os requisitos para a inscrición no curso serán: ter cumpridos os 16 anos, terán preferencia aquelas persoas que estean empadroadas en Tomiño.
Ademais dos requisitos anteriores, para poder presentarse á proba para obter o graduado da E.S.O. do próximo mes de maio será necesario:
- Non estar matriculado oficialmente en ningún curso da ESO, en ningún centro educativo de Galicia no curso 2018/2019.
- Ter cumpridos os 18 anos antes do día da proba por libre para obter o título da ESO.
As persoas interesadas, poderán inscribirse oficialmente, entre os días 4 e 11 de outubro (ata as 13.00 horas) de 2018, presentando de maneira presencial ou electrónica (Sede electrónica) no rexistro do Concello, o modelo de inscrición cuberto, que se pode descargar da web municipal (tomino.gal), xunto cunha fotocopia do DNI.
Durante o curso, as clases terán lugar dous días á semana (martes e xoves) 3 horas cada día, en horario a determinar (no Centro de Formación O Regatiño de Goián).
Os prezos mensuais das clases que inclúen tamén o material didáctico, serán os seguintes:
- Para persoas cos tres ámbitos pendentes 30€/mes.
- Para persoas con dous ámbitos pendentes 20€/mes.
- Para persoas cun ámbito pendente 15€.
Ademais, o alumnado poderá acceder ás gravacións de voz das clases a través de internet, etc.
A actividade formativa non se levará a cabo se non se acada un número mínimo de 10 persoas inscritas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217