Jueves, 05 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 07 de Octubre de 2018 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Feijóo avanza o novo plan de formación 2018-2019

Salienta que, cun orzamento de 48 millóns de euros, os alumnos poderán escoller o centro e a acción formativa que se impartirá en: empresas, entidades sen ánimo de lucro e nos concellos adxudicatarios das axudas

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou esta semana o novo Plan de formación 2018-2019 que, con máis recursos e con máis facilidades, chegará a máis de 16.500 desempregados que poderán elixir a súa cualificación a través dunha oferta de máis de 1.000 cursos, que financia a Xunta ao 100%.

 

Na rolda de prensa do Consello, Feijóo precisou que, cun orzamento de 48 millóns de euros (un 13,4% máis que na convocatoria anterior), os alumnos poderán por primeira vez escoller o centro e a acción formativa que se impartirá en: empresas, entidades sen ánimo de lucro e nos concellos adxudicatarios das axudas.

 

Deste xeito, Galicia convértese nunha das primeiras comunidades que permite ao alumnado escoller centro e especialidade e en calcular o custe por alumnos de cada curso. Neste senso, o titular do Goberno galego apuntou que a persoa desempregada poderá obter na web toda a información sobre o curso que lle interese: data prevista de comezo, horario, lugar onde se imparte, datos de contacto da entidade, así como a posibilidade de solicitar a preinscrición para o posterior proceso de selección que poderá levar a cabo o centro de formación.

 

 

 

 

Afirma que Galicia convértese así nunha das primeiras comunidades que permite ao alumnado escoller centro e especialidade

 

 

 

 

Así mesmo, na selección do alumnado terán preferencia: as mulleres, os parados de longa duración, os    menores de 30 anos, os emigrantes retornados, as persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social e os alumnos con baixa cualificación.

 

Logo de precisar que a cualificación que se imparta permitirá seguir accedendo a certificados de profesionalidade con validez en todo o Estado e será acorde ás necesidades que demanda o tecido empresarial, o titular da Xunta explicou que, como vén sendo habitual, ofertaranse cursos nas catro provincias galegas e nos principais sectores da economía galega, como son: o metal e naval, as TIC, a automoción, o comercio e márketing, a construción, o turismo e a hostalería, o transporte, a sanidade, os servizos sociais, a seguridade e medio ambiente, o ámbito agrario, as actividades deportivas ou a industria alimentaria, entre outros.

 

Por tanto, a Xunta segue a impulsar accións formativas dirixidas a persoas desempregadas, que alcanzan de media unha inserción laboral próxima ao 60%; e 2 de cada 3 alumnos acceden ao mercado laboral nos seis primeiros meses desde que finalizan o curso.

 

Por último, o presidente do Goberno galego concluíu subliñando que este plan compleméntase coa posta en marcha doutro tipo de programas, como son as Unidades formativas na empresa; os obradoiros duais; ou os plans formativos para sectores específicos, como a automoción, o naval ou o forestal.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.108

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.