Viernes, 17 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 06 de Octubre de 2018 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O Goberno de Carmela Silva dá o pistoletazo de saída ao plan DepoRemse

A presidenta manifesta a súa satisfacción “por estender o modelo de mobilidade provincial centrado na accesibilidade, seguranza e recuperación do espazo público”

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto ao deputado delegado de Cooperación, Carlos López Font, presidiu esta semana o encontro informativo cos alcaldes e alcaldesas dos 31 concellos beneficiarios do Plan DepoRemse. Ao respecto, a presidenta informou que a reunión tiña por obxectivo “facilitar aos concellos o camiño, achegándolles o modelo de convenio, e atender as súas dúbidas para que non haxa dificultades e poidan licitar os proxectos canto antes”.

 

“Hoxe é un gran día porque arranca o DepoRemse para cambiar por completo esta provincia”, asegurou Silva. “Queríamos dar un paso máis, estender o noso modelo ás vías municipais para construír unha provincia distinta, do século XXI, baseada nos principios de mobilidade, de accesibilidade universal, de seguranza viaria e de recuperación do espazo publico para as persoas”, destacou a presidenta. 

 

Neste eido, Carmela Silva felicitou aos gobernos locais polo traballo desenvolvido e aclarou, “con todo o cariño, afectividade, e empatía, que cada concello recibe do Plan DepoRemse o que nos solicitou, e que os proxectos presentados responden exclusivamente ás súas necesidades”. Así, dos 48 proxectos que concorreron ao plan soamente 31 cumpriron cos requisitos técnicos da convocatoria, de xeito que os concellos beneficiarios reciben os recursos atendendo aos criterios das bases e en función dos orzamentos dos proxectos. “Hai concellos que presentaron proxectos por valor de 500.000 euros, outros por valor de 150.000 e outros por valor de 70.000, é dicir, os recursos non dependen das decisións da Deputación, senón do que piden os concellos”, aclarou Carmela Silva.

 

 

 

 

Silva insistiu, “por enésima vez”, en que os recursos que se achegan aos concellos son os que piden os gobernos locais. “Son eles os que fixan as cantidades, non a Deputación”

 

 

 

 

A presidenta tamén quixo agradecer aos alcaldes, alcaldesas e persoal técnico presente no encontro as iniciativas que se van poñer en marcha nos concellos a través do Plan DepoRemse. “Falamos de proxectos que van dende a mellora da comunicación intermunicipal, ata outros para o fomento da actividade económica, o impulso de espazos para congresos e chan industrial, a mellora da mobilidade cara centros educativos e sanitarios e a recuperación do espazo público para as persoas”, informou Silva.

 

Finalmente, a presidenta recordou que o plan DepoRemse responde á necesidade de financiamento dos concellos de menos de 20.000 euros para afrontar actuacións nas vías municipais. Neste eido, Silva aproveitou a convocatoria para manifestar que “somos conscientes de que os recursos dos concellos de menos de 20.000 habitantes son moi escasos, polo que fago un chamamento ás administracións competentes para que teñan en conta que son necesarios máis recursos para garantir a suficiencia financieira e a autonomía local”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.