Jueves, 16 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 06 de Octubre de 2018 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Preto de 800 persoas participan durante esta fin 
de semana nas excursións “En Ruta coa Depo”

Veciñas e veciños de 9 concellos da provincia de Pontevedra realizan visitas guiadas a lugares e monumentos de especial interese e cun alto valor turístico

O programa “En Ruta coa Depo” organiza esta fin de semana 8 novas excursións nas que participan 790 persoas de 9 concellos da provincia. Estas excursións permitirán ás persoas participantes coñecer novos lugares da provincia de Pontevedra.

 

Máis polo miúdo, 108 persoas da Asociación de Veciños da Parroquia de Orazo e da Asociación de Mulleres en Igualdade de Donsión visitarán a Illa da Toxa, darán un paseo en barco pola ría de Arousa (con degustación), e tamén irán ao Grove, ao Museo da Salga e o xacemento da Lanzada.

 

Tamén, 108 persoas da Asociación de Mulleres Xestas e da Asociación de Amas de Casa de Baiona visitarán o Castelo de Sobroso; Modariz-Balneario; os petróglifos de Gargamala, en Mondariz; e o castro de Troña, en Ponteareas.

 

Por outra banda, 162 persoas da Asociación Cultural A Feira e do Centro Cultural e Recreativo de Cabral irán a Cambados, ao Museo Etnográfico e do Viño, as ruínas de Santa Mariña Dozo, ao conxunto histórico de Cambados, á adega do pazo de Fefiñáns (con degustación) e ao Museo Muíño Mareas da Seca.

 

Tamén, 162 persoas da Asociación Mulleres Rurais Telleira de Dena e da Asociación de Mulleres Rurais Salvaterra de Miño Tempo Gañado visitarán o conxunto histórico de Cangas, a igrexa do Hío, o miradoiro da Costa de Soavela e Cabo Home; e Cabo Udra e Museo Massó, en Bueu.

 

Outras, 88 persoas da Asociación Mulleres Rurais de Paradela e da Asociación Pedra da Garza irán a Meis, ao mosteiro da Armenteira, á Ruta da Pedra e da Auga, aos muíños do Batán, ao monte do Castro e ao pazo de Señoráns.

 

Tamén, 54 persoas da Asociación Mulleres Rurais Dornelas coñecerán o conxunto histórico de Salvaterra do Miño e o parque da Canuda; o Centro de Interpretación do Viño e da Lamprea (Arabo) e as pesqueiras do Miño, en Arbo.

 

Outras 54 persoas da Asociación Xaruma visitarán, en Silleda, o castro de Toiriz, o mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro, a fervenza do río Toxa e os escenarios da serie O final do Camiño.

 

E xa por último, 54 persoas do colectivo Alento visitarán o conxunto histórico de Pontevedra, o Museo de Pontevedra e a Illa do Covo.

 

“En Ruta coa Depo” ten por obxectivo mellorar a participación, a convivencia e a cohesión social dos distintos colectivos sociais da provincia , promovendo a igualdade de oportunidades para os colectivos con diversidade funcional, que antes non podían participar, así como ofrecer alternativas de ocio e tempo de lecer á poboación xuvenil da nosa provincia e promocionar rutas destinadas ás entidades de nais e pais que fomenten a convivencia e o intercambio de experiencias nas que participen activamente os nenos e nenas. O contido do programa consiste en pasar un día de convivencia pola provincia, mediante acompañamento dun ou dunha guía que conte coa habilitación de guía de turismo especializado de Galicia  e inclúe xantar e trasporte.

 

No 2017 participaron na iniciativa “En Ruta coa Depo” 17.501 persoas pertencentes a 410 entidades da provincia. Para este 2018 foron adxudicadas en total 19.814 prazas, 2.313 máis que no ano anterior.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.