GALICIA
Dez asociacións solidarias repartiránse 20.000 euros grazas ao esforzo reciclador dos seus concellos
A totalidade de concellos premiados, Redondela, O Barco de Valdeorras, Monforte de Lemos, Vilalba, Santiago de Compostela, Pontevedra e Lugo, reciclaron máis dunha tonelada de residuos do contedor amarelo nos meses de maio, xuño e xullo
A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Cruz Ferreira Costa, fixo entrega esta mañá de dez galardóns, por importe de 20.000 euros, a dez concellos galegos que entregarán a senllas asociacións solidarias nos seus respectivos municipios. Este galardón é un recoñecemento ao esforzo realizado para incrementar as taxas de reciclaxe e recuperación de envases lixeiros deste municipios.
A Consellería de Medio Ambiente puxo en marcha a campaña Recicla, respira e supérate. Únete ao reto, impulsada en colaboración con Ecoembes, co fin de fomentar a reciclaxe de envases lixeiros nos concellos pola vía da concienciación e mediante diversas accións de impacto na rúa.
Ferreira Costa recordou que o obxectivo era que nos tres meses da campaña (maio, xuño e xullo), os concellos participantes tiñan que mellorar nun 10% a porcentaxe das achegas que fixeron ao contedor amarelo (envases de plástico, latas e bricks) no mesmo período de 2017 e, de logrado, recibirían como recompensa 2.000 euros, cantidade que podían destinar á causa social que elixan.
Tal e como explicou a directora xeral, os concellos de Redondela, O Barco de Valdeorras, Monforte de Lemos, Vilalba, Santiago de Compostela, Pontevedra e Lugo, reciclaron máis dunha tonelada de envases lixeiros (contedor amarelo) nos meses de maio, xuño e xullo; e destacou o esforzo de Redondela, que foi o concello que rexistrou o maior incremento porcentual con case un 45%.
Concello
Total maio-xullo 2017
Total maio-xullo 2018
% incremento
Asociación beneficiada
Redondela
56.050
81.220
44,91%
Aldeas Infantís
O Barco de Valdeorras
38.830
45.310
16,69%
Asfaval, Asociación de Familiares de discapacitados psíquicos
Monforte de Lemos
40.770
47.210
15,80%
Cáritas Monforte de Lemos
Vilalba
15.740
17.840
13,34%
Centro Ocupacional de Vilalba Terra Chá
Santiago de Compostela
378.220
422.080
11,60%
Asociación Itínera
Pontevedra
165.420
183.860
11,15%
Asociación Rexurdir Provincial
Lugo
235.440
258.060
9,61%
Asociación Magrebí Española para a Integración e a Solidariedade
Asemade, os concellos de Marín, Narón e Vilagarcía tamén recibirán este galardón por ter reducido a presenza de impropios no contedor de envases lixeiros (amarelo), que entregarán este incentivo á Asociación contra o Cancro, Centro de Recursos Solidarios de Narón e Cáritas Interparroquial de Arousa, respectivamente.
No caso de Marín, a porcentaxe de impropios reduciuse notablemente, ao pasar dun 67 ao 24%; en Narón, a mellora de recollida de impropios pasou do 28 ao 16%; e en Vilagarcía, do 34 ao 27%.
Cruz Ferreira mostrou a súa satisfacción porque a maioría dos concellos que participaron nesta campaña superaron o reto e agradeceu o esforzo e a participación dos concellos por potenciar este bo comportamento cidadá que ten efectos positivos para o conxunto da cidadanía.
Pola súa banda, o portavoz de Ecoembes en Galicia, Bruno de Llano, destacou que con esta campaña incídese na participación cidadá e amósase que con simples xestos, como o de depositar os envases no contedor adecuado, conseguimos entre todos mellorar a calidade do aire.

A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Cruz Ferreira Costa, fixo entrega esta mañá de dez galardóns, por importe de 20.000 euros, a dez concellos galegos que entregarán a senllas asociacións solidarias nos seus respectivos municipios. Este galardón é un recoñecemento ao esforzo realizado para incrementar as taxas de reciclaxe e recuperación de envases lixeiros deste municipios.
A Consellería de Medio Ambiente puxo en marcha a campaña Recicla, respira e supérate. Únete ao reto, impulsada en colaboración con Ecoembes, co fin de fomentar a reciclaxe de envases lixeiros nos concellos pola vía da concienciación e mediante diversas accións de impacto na rúa.
Ferreira Costa recordou que o obxectivo era que nos tres meses da campaña (maio, xuño e xullo), os concellos participantes tiñan que mellorar nun 10% a porcentaxe das achegas que fixeron ao contedor amarelo (envases de plástico, latas e bricks) no mesmo período de 2017 e, de logrado, recibirían como recompensa 2.000 euros, cantidade que podían destinar á causa social que elixan.
Tal e como explicou a directora xeral, os concellos de Redondela, O Barco de Valdeorras, Monforte de Lemos, Vilalba, Santiago de Compostela, Pontevedra e Lugo, reciclaron máis dunha tonelada de envases lixeiros (contedor amarelo) nos meses de maio, xuño e xullo; e destacou o esforzo de Redondela, que foi o concello que rexistrou o maior incremento porcentual con case un 45%.
|
Concello |
Total maio-xullo 2017 |
Total maio-xullo 2018 |
% incremento |
Asociación beneficiada |
|
Redondela |
56.050 |
81.220 |
44,91% |
Aldeas Infantís |
|
O Barco de Valdeorras |
38.830 |
45.310 |
16,69% |
Asfaval, Asociación de Familiares de discapacitados psíquicos |
|
Monforte de Lemos |
40.770 |
47.210 |
15,80% |
Cáritas Monforte de Lemos |
|
Vilalba |
15.740 |
17.840 |
13,34% |
Centro Ocupacional de Vilalba Terra Chá |
|
Santiago de Compostela |
378.220 |
422.080 |
11,60% |
Asociación Itínera |
|
Pontevedra |
165.420 |
183.860 |
11,15% |
Asociación Rexurdir Provincial |
|
Lugo |
235.440 |
258.060 |
9,61% |
Asociación Magrebí Española para a Integración e a Solidariedade |
Asemade, os concellos de Marín, Narón e Vilagarcía tamén recibirán este galardón por ter reducido a presenza de impropios no contedor de envases lixeiros (amarelo), que entregarán este incentivo á Asociación contra o Cancro, Centro de Recursos Solidarios de Narón e Cáritas Interparroquial de Arousa, respectivamente.
No caso de Marín, a porcentaxe de impropios reduciuse notablemente, ao pasar dun 67 ao 24%; en Narón, a mellora de recollida de impropios pasou do 28 ao 16%; e en Vilagarcía, do 34 ao 27%.
Cruz Ferreira mostrou a súa satisfacción porque a maioría dos concellos que participaron nesta campaña superaron o reto e agradeceu o esforzo e a participación dos concellos por potenciar este bo comportamento cidadá que ten efectos positivos para o conxunto da cidadanía.
Pola súa banda, o portavoz de Ecoembes en Galicia, Bruno de Llano, destacou que con esta campaña incídese na participación cidadá e amósase que con simples xestos, como o de depositar os envases no contedor adecuado, conseguimos entre todos mellorar a calidade do aire.

































Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103