Domingo, 26 de Abril de 2026

Actualizada Domingo, 26 de Abril de 2026 a las 09:03:17 horas

Xornal21.es
Sábado, 06 de Octubre de 2018 Tiempo de lectura:
TUI

O alcalde ordena a través dun decreto o desaloxo da pirotecnia La Gallega S.L.

A empresa deberá retirar nun prazo de 15 días todos os materiais que se atopan nas súas instalacións

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, ven de facer público un decreto, no que se recolle a orde de desaloxo da Pirotecnia La Gallega SL en cumprimento das sentenzas do Xulgado do Contencioso Administrativo Nº 1 de Pontevedra e do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nas que se ordena que se produza o cesamento, paralización e abandono de calquera actividade que alí se realizara incluído o  almacenamento polo que o alcalde de Tui ordena que se proceda a retirada de todos os materiais explosivos, materias primas e produtos transformados ou por transformar así como doutros produtos necesarios para o exercicio da actividade no prazo de 15 días a contar dende a data de notificación de resolución. No mesmo decreto aclara que o desaloxo debe estar coordinado, supervisado e autorizado pola Sudelegación do goberno de Pontevedra nos termos que correspondan segundo a lexislación sectorial aplicable en materia de explosivos.


Se no prazo estipulado de 15 días a empresa non houbera efectuado o desaloxo será o concello quen o realice de xeito subsidiario.


O alcalde informou deste decreto o xulgado do contencioso número 1 de Pontevedra, a Subdelegación de goberno e a intervención de armas da Garda civil, ademáis de, naturalmente, a empresa e informará ao pleno na próxima sesión que se celebre. 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.122

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.