TUI
O conxunto histórico tudense contará con novo mobiliario urbano
Bancos, xardineiras e papeleira están sendo instaladas en distintos lugares da zona vella de Tui
Un total de 12 bancos, 20 xardineiras e 10 papeleiras serán instaladas en distintos lugares do conxunto histórico tudense, en concreto a Praza da Estrela, a Praza do Pracer e os xardíns de Troncoso nos arredores do parque infantil serán algún dos lugares onde se van a instalar estes elementos de mobiliario urbano.
As xardineiras e as papeleiras son de aluminio gris, mentres que os bancos son de madeira co pe de fundición tamén en aluminio, ademais estes bancos teñen unha altura un pouco superior a habitual para facilitar o seu uso as persoas maiores, que deste xeito poden levantar do banco mais facilmente.
Para a instalación deste mobiliario, solicitouse autorización a Dirección Xeral de Patrimonio, que non puxo ningún tipo de impedimento. O investimento total nesta actuación no conxunto histórico ascende a 11.464.81€. En opinión do Alcalde de Tui Carlos Vázquez Padín, a instalación destes elementos urbanos vai servir para mellorar a calidade de vida dos veciños da zona vella e para facela mais atractiva para os visitantes e forma parte das actuación necesarias para recuperar esta zona emblemática de Tui

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.122