MOS
Montes de Mos cede ao Concello 6.500 metros cadrados para o novo vial da Rúa
A alcaldesa, Nidia Arévalo, destaca o compromiso da Comunidade de Montes co pobo de Mos e a súa aposta decidida polo futuro do municipio
Esta semana asinouse no salón de sesións do Concello de Mos a cesión por parte da Comunidade de Montes en Man Común de Mos á administración local mosense, de terreos para a execución do Plan Especial de Infraestuturas do Vial no Núcleo da Rúa. O documento foi asinado polo presidente da Comunidade de Montes de Mos, Manuel Barciela Martínez, e pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo.
A rexedora local mosense destacou “a xenerosidade e o compromiso da Comunidade de Montes de Mos para coa súa parroquia e para co Municipio de Mos ao realizar altruístamente esta cesión inmoble que permite a construción dun vial que recircule o Pazo de Mos e que eliminará o tráfico rodado do entorno empedrado que discorre polo lateral do Pazo, recuperando o seu carácter peonil para favorecer o paso dos peregrinos do Camiño de Santiago e mellorar o entorno para o disfrute dos veciños”. “Esta Comunidade de Montes demostra deste xeito o amor e entrega ao seu pobo, e a concienciación e o apoio, con e para o progreso e o futuro de Mos”, insistiu Arévalo.
A CMVMC de Mos acordou ceder a favor do Concello de Mos de xeito gratuíto e con carácter indefinido unha superficie de 6.415,46 m2 que abarca as parcelas “Campo de Abaixo” e “Campo de Arriba”, limítrofes co Pazo de Mos. Estes preto de 6.500 metros cadrados están valorados en aproximadamente 90.000 euros.
O proxecto de construción dun vial en Santa Eulalia, núcleo de A Rúa, será posible grazas á cesión de terreos por parte da Comunidade de Montes de Mos e á financiación económica autonómica, cunha subvención de 281.413,68 euros da Axencia Galega de Infraestruturas da Consellería de Infraestruturas e Vivenda. O orzamento total da obra ascende a 469.022,80 euros.
A construción do vial perimetral permitirá eliminar o tráfico rodado da rúa empedrada que discorre polo lateral do Pazo, un camiño polo que pasan anualmente centos de peregrinos. O propósito é protexer ó entorno do Pazo, recuperando este vial para un uso peonil, evitando o deterioro da superficie empedrada. O proxecto propón unha alternativa viable, adaptada á topografía da parcela e ás condicións do lugar, que discorrerá polos terreos cedidos pola Comunidade de Montes en Man Común de Mos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.168