Martes, 21 de Abril de 2026

Actualizada Lunes, 20 de Abril de 2026 a las 21:55:06 horas

Xornal21.es
Jueves, 11 de Octubre de 2018 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

ACiP denuncia o amoreamento de cascallos de obra no Parque da Feira Vello

“Resulta curioso como o concello esixe a todos os veciños o correcto tratamento e reciclado dos cascallos, cando estes realizan obras, e o propio concello non cumpre este mandado cando se trata de traballos municipais; non dubidando en ensuciar e maltratar contornas que son públicas”. A reflexión da viceportavoz de ACiP, Raquel Bautista Alfaya, vén a conto da situación na que actualmente se atopa o parque da feira vello onde, desde hai tempo, amontóanse cascallos de obras municipais que se están realizando nunha rúa contigua.

 

“A contorna do parque da feira vello é frecuentado por pais e nenos durante a semana e é punto de encontro para mozas e mozos nas fins de semana. É máis, preto do mesmo hai un parque infantil, a gardería municipal e mesmo, durante as pasadas festas, neste parque habilitáronse carpas para actuacións, sen ningún tipo de tratamento destes residuos nin sinalización ou valado dos mesmos”, insiste Bautista Alfaya.

 

Para a concelleira de ACiP, “este é un exemplo máis da irresponsabilidade do goberno municipal e un abuso desmesurado do que é de todos. Non é de recibo este pasotismo e desde o noso partido esiximos aos responsables que retiren ese cascallo, onde mesmo hai obxectos punzantes, e que ofrece unha imaxe penosa para o pobo. Ou iso ou que, polo menos, valen a zona e a sinalicen antes de que ocorra algo”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.