Viernes, 06 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 12 de Octubre de 2018 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación aproba 8 bolsas de mobilidade para estudantes da provincia

Os 8 mozas e mozos, que partirán en outubro a Italia, Portugal, Malta e Eslovenia proceden de centros educativos dos concellos de Vigo, Tui, Caldas de Reis, As Neves, Moaña e A Estrada

O goberno de Carmela Silva aprobou a adxudicación de oito bolsas de mobilidade no marco do proxecto da Deputación de Pontevedra “Erasmus + Prácticum Depo 2018”. En concreto serán oito as mozas e mozos de centros educativos dos concellos de Vigo, Tui, Caldas de Reis, As Neves, Moaña e A Estrada, que participarán na primeira mobilidade do proxecto con destino a Italia, Portugal, Malta e Eslovenia.

 

Máis polo miúdo, a presidenta da Deputación de Pontevedra informou que os alumnos e alumnas que partirán en outubro proceden dos centros educativos CPR Plurilingüe Vigo, IES Indalecio Pérez Tizón, CPR Plurilingüe San Fermín, IES Pazó da Mercé, IES Plurilingüe A Paralaia e IES Antón Losada Diéguez. O seu regreso está previsto para o mes de marzo, xa que a duración máxima das prácticas é de 162 días, máis ou menos cinco meses.

 

O grupo de mozas e mozos de Vigo, Tui, Caldas, As Neves, Moaña e A Estrada forman parte da primeira mobilidade do proxecto “Erasmus + Practicum Depo 2018” que comezou en xuño de 2018 e rematará a finais de maio de 2020. En total, a institución provincial destina a esta primeira mobilidade máis de 65.000 euros para cubrir os gastos de desprazamento e estancia.

 

O proxecto “Erasmus + Practicum Depo 2018”, que conta cun orzamento de 821.633,40€ , ten por obxectivo impulsar a mobilidade das persoas por motivos de aprendizaxe. A través do programa de mobilidade de estudantes graduados e graduadas de Formación Profesional de ciclos medios pertencentes a distintas familias profesionais, a Deputación de Pontevedra colabora na súa integración no mundo laboral, a través de prácticas laborais en empresas e institucións estranxeiras.

 

Dende que a institución provincial puxo en marcha “Practicum Depo” investíronse e estanse a investir máis de 3,5 millóns de euros no impulso da mobilidade de case 450 persoas, entre o alumnado e o profesorado de ciclos formativos, que realizan as súas prácticas profesionais no estranxeiro ou viaxan para coñecer como se imparte a docencia destes niveis educativos noutros países da Unión Europea.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.108

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.