Jueves, 05 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Martes, 09 de Octubre de 2018 Tiempo de lectura:
Provincia

A Deputación convoca unha concentración este mércores contra os ataques machistas

O acto de protesta terá lugar na cidade de Pontevedra as 20.00 h no encontro das rúas Daniel de Sota coa Peregrina

O Servizo de Igualdade da Deputación de Pontevedra convocou para este próximo mércores unha concentración de condena de todo tipo de comportamentos e ataques machistas ás mulleres, e especialmente do machismo institucional dos cargos públicos

 

Baixo o lema de “Machismo institucional. Nin un minuto máis”, a concentración xurde en repulsa aos últimos insultos machistas do alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, e para reclamar o cesamento inmediato de calquera comportamento relacionado coas violencias machistas e coas distintas formas de discriminación e violencia que sufrimos as mulleres. A protesta terá lugar este mércores as 20.00 h no encontro da rúa Daniel de la Sota coa rúa Peregrina, na cidade de Pontevedra.

 

Esta concentración, á que se convoca a toda a cidadanía, enmárcase nas habituais convocatorias da Área de Igualdade da institución provincial, desde a chegada deste goberno á Deputación de Pontevedra, como protesta e en resposta a cada comportamento machista e de ataque ás mulleres polo feito de selo.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.108

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.