Martes, 21 de Abril de 2026

Actualizada Lunes, 20 de Abril de 2026 a las 21:55:06 horas

Xornal21.es
Martes, 09 de Octubre de 2018 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

A Banda de Música de Xinzo ofrece un concerto no San Froilán de Lugo

O pasado domingo 7 de outubro ás 18h, con motivo das Festas de San Froilán de Lugo, a Banda de Música Xuvenil de Xinzo ofreceu un concerto na praza de Santa María, situada ao carón da Catedral de Lugo.

 

Máis de medio millar de persoas puideron desfrutan dun concerto que xirou sobre diversos autores e estilos musicais que enxalzaron a tradición e a cultura bandística galega. Entre o público, destacaba unha nutrida presenza de seguidores da Banda chegados dende diferentes puntos do Concello de Ponteareas.

 

En palabras de Javier Blanco, Director da Banda de Xinzo, “a oportunidade de tocar nun lugar tan emblemático e no marco dunhas festas de gran recoñecemento foi única. O apoio do público foi sensacional. Sen dúbida para a Banda foi unha experiencia moi positiva, que serve para motivar aos músicos, dende os máis veteranos ata os recén chegados”.

 

Con este concerto, a Banda de Xinzo achégase ao fin dun ano moi intenso de actividade, que fixo consolidar o seu crecemento. Ademáis, dende a Xunta Directiva da Banda de Música de Xinzo, queren agradecer ao Concello de Lugo por contar coa agrupación para participar nestas prestixiosas festas de San Froilán, de grande interese turístico galego e nacional. Así como a todo o público presente, e en especial aos desprazados dende a parroquia de Xinzo e do resto do Concello de Ponteareas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.