PROVINCIA
Carmela Silva enxalza o papel da educación como “o instrumento máis importante para a igualdade”
“As carreiras STEM son as que van definir o futuro e, unha vez máis, se vai construír o futuro sen nós. Precisamos facer algo para cambiar a situación e animar ás mozas a matricularse nas carreiras técnicas”, destacou a presidenta provincial
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, participou esta semana xunto ao alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, ao vicerreitor de Centros Asociados da UNED. Tomás Fernández, e á directora da UNED en Pontevedra, María Troncoso, no solemne acto de apertura do curso 2018/2019 da UNED, no que se deu a benvida ao novo alumnado así como procedeu á entrega dos diplomas ás persoas Graduadas da XLI promoción do centro asociado e ás participantes na IX edición do programa formativo UNED Senior.
A lectura da conferencia inaugural deste curso correspondeulle á profesora de Didáctica das Ciencias Experimentais da Universidade de Vigo, María Álvarez Lires, quen centrou a súa intervención na “Igualade das mulleres nas enxeñarías: un camiño cara o desenvolvemento sostible”. Neste eido, a presidenta provincial destacou que “podería parecer que decidimos onte, tralo acontecido durante a pasada fin de semana, a temática desta lección inaugural pero o certo é que o fixemos fai dous meses porque, para nós, é moi necesario apostar pola igualdade como sinal de identidade”.
A presidenta provincial puxo en valor o papel da muller na universidade, onde “a maioría das persoas que remata unha carreira son mulleres”. Neste contexto, Silva reivindicou a necesidade de incrementar as matrículas das mulleres nas carreiras STEM, que actualmente representa o 20%, “xa que vivimos na cuarta revolución industrial, a da dixitalización, e precisamos formarnos e adaptarnos a esta nova contorna para non perder a presenza, o empoderamento e a capacidade para dirixir a sociedade. Unha vez máis se vai construír o futuro sen nós e algo temos que facer para frear esta situación”.
Por estes motivos, Carmela Silva fixo fincapé na necesidade de rachar cos estereotipos e fomentar a visibilización das mulleres no eido da tecnoloxía. Así, a presidenta provincial falou de avances tan importantes como o GPS, o bluetooh, Internet, os detectores de fume, o aire acondicionado ou os botes salvavidas, todos eles inventados por mulleres.
No transcurso do acto de apertura do curso, amais da entrega de diplomas e do discurso inaugural a cargo de María Álvarez Lires, tamén se fixo entrega do “Servizo Distinguido 2018” a Marcelino Agís. Deste xeito, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, fíxolle entrega ao profesor Agís dun obsequio conmemorativo para recoñecer os seus máis de 25 anos como titor da UNED. Sobre Agís, a presidenta destacou “o meu máis profundo respecto por ti, pola túa capacidade de construír un mundo mellor ao teu arredor, polo teu compromiso coa filosofía e pola formación continua para que esta chegue a todo o mundo”.
Tamén tivo palabras Silva para a nova directora, María Troncoso, e secretaria da UNED, Laura Suárez, “dúas mulleres fortes, bravas, empoderadas, que lle están a dar un forte pulo e a cambiar este centro universitario en Pontevedra”. Neste eido, a secretaria da UNED en Pontevedra, Laura Suárez, deu a coñecer datos relativos ao funcionamento do centro asociado que, ata o 23 de outubro, ten aberto o prazo de inscrición. Suárez explicou que se realizaron máis de 600 titorías semanais, así como se puxo en marcha un grupo de teatro e se impulsou un proxecto de inclusión dirixido ás nenas e nenos de Monteporreiro denominado “Proxecto Inclúete”. Amais destas iniciativas, o centro asociado da UNED en Pontevedra acadou a acreditación de nivel 2, de consolidación, no Sistema de Garantía Interno de Calidade na Xestión de Centros Asociados.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.108