Martes, 21 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 21 de Abril de 2026 a las 13:39:05 horas

Xornal21.es
Domingo, 14 de Octubre de 2018 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

O PP di que"Represas entrega os Orzamentos e RPT tarde para impedir o seu traballo"

Os expedientes definitivos de asuntos tan importantes como os orzamentos ou a nova relación de postos de traballo do Concello son entregados dúas ou tres días antes de que teñan que ser aprobados

O PP lamenta que Represas chegue sempre “tarde, mal e arrastro” cos asuntos máis importantes en relación á vida municipal.


"Primeiramente os orzamentos. Represas convoca un pleno extraordinario este xoves para aprobar uns orzamentos para o ano 2018"  explican.  “ En pleno mes de Outubro está a aprobar un documento porque non ten con que pagar todos os gastos que se realizaron este ano. En vez de falar dunha previsión de gasto para 2019, imos cara atrás, orzan sobre o gastado. Como sempre facendo uso da súa política de improvisación esta vez nas contas do exercicio 2018 que está a piques de rematar”. O PP non apoiará a aprobación destas contas porque "non son realistas coas necesidades do municipio. Doutra banda, a pesar de presentar alegacións para tentar acordar o documento, Represas négase a escoitar ao grupo maioritario da oposición".

 

Or populares lembrarlle ao alcalde que "as nosas alegacións ao orzamento son partidas que ían destinadas a peticións que realizaron os veciños.Parece que non lle interesa o ben común porque non admitiu ninguna alegación ao documento”.

 

 

 

 

O PP considera que o "acordo cos traballadores do Concello era moi necesario pero advirte que o documento non recolle todas as peticións demandadas polos sindicatos ao longo destes anos"

 

 

 

 

En relación á nova RPT (Relación de Postos de Traballo) o PP congratúlase desta mellora para os traballadores do Concello e lamenta que BNG e PSOE tardasen tantos anos en recoñecer a profesionalidade dos mesmos. “Está claro que Represas iniciou a súa campaña electoral ofrecendo este caramelo aos traballadores públicos deste Concello, podía realizar esta mellora fai tres anos, pero faina agora como antesala á súa campaña electoral. Alegrámonos que despois de tantos anos de críticas por parte do BNG e PSOE acusando a estes traballadores de ser uns “ enchufados do PP” agora recoñezan a súa valía con esta mellora” O PP por outra banda preguntará no pleno por unha serie de cuestións que non veñen recollidas no documento e que a pesar de solicitar unha contestación por escrito a Represas esta nunca se produciu. “Volveremos preguntar polas prazas vacantes que hai na actualidade no persoal funcionarial, necesitamos cadros de persoal funcionario e de persoal laboral detallado por postos. Tampouco inclúese no documento que prazas preténdense amortizar e  descoñecemos se os complementos de produtividade existentes ata agora desaparecen por completo”.

 

O PP lamenta que "estas cuestións tan importantes para o bo funcionamento do Concello non sexan tratadas con tempo e tómense a lixeira". “Como sempre todo correndo, sen darnos tempo á oposición para estudar os documentos. Co que nos resulta moi difícil poder valorar os expedientes para darlles o noso apoio. Outro Pleno Extraordinario (van 8 neste ano), pola falta de previsión nos asuntos que queren aprobar, co consecuente custo que supón para o Concello. Todo á carreira. No caso do Orzamento aínda se celebrou onte a Comision Informativa, e os outros tres asuntos temos outra comisión informativa convocada para o mércores, un día antes do pleno. A falta de transparencia e consenso deste alcalde é algo insólito”, denuncian dende o PP.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.