O PORRIÑO
O Festival de Cans entrega vales para mercar material escolar
O festival desenvolve esta acción xunto coa empresa de papelería Carlin, que patrocina esta iniciativa
O Festival de Cans fixo entrega esta semana de vales de material escolar para as 25 rapazas e rapaces da aldea que colaboraron na pasada edición da organización do festival. Cada vale ten un valor de 25 euros que poderán canxear por material escolar na cadea de papelerías Carlin, empresa que apoia unha parte desta iniciativa.
É o terceiro ano que Cans desenvolve esta iniciativa, tratando que o festival sexa unha plataforma que poida colaborar na doazón de material de educación para estas nenas e nenos. Quince destes rapaces teñen entre 8 e 14 anos e o seu traballo consiste en guiar e orientar nos camiños a todo o público que ven ao Festival de Cans. O resto destes rapaces teñen entre 15 e 17 anos e desenvolveron labores de axudantes de produción en diversos departamentos do festival. Estes rapaces de maior idade van cumprir xa nalgúns casos dez anos como colaboradores, desde que entraran na organización sendo nenos.
A cada rapaza e rapaz da aldea que colaborou como guía dos camiños e axudando na produción entregóuselle un vale de 25 euros para compra de material escolar
O Festival de Cans segue unha fórmula organizativa onde os nenos máis pequenos van sendo coordinados por outros maiores, e estes á súa vez son tutelados por persoas adultas, coñecedoras da dinámica do festival. Deste xeito vanse rotando en cada edición para coñecer un por un os departamentos do festival, coa esperanza de que eles sexan os que asuman a organización no futuro.
Ademais, o festival convida e estimula a estes rapaces para que asistan ás proxecións, aos obradoiros que organiza o festival, e adquiran tamén os seus primeiros coñecementos audiovisuais. Coordinados pola veciña de Cans Rosa Bernárdez, a intención do festival é estimular a participación destes nenos, dun xeito didáctico e educativo, para que se identifiquen co festival e adquiran valores como a igualdade, a solidariedade, a conservación do patrimonio histórico e natural ou o traballo en equipo.
Algunhas e algúns destes rapaces tamén participan en cada edición no xurado dos veciños, para darlles a oportunidade de visionar todas as curtametraxes a concurso e aportar a súa propia opinión, cun grupo de persoas de maior idade coas que o festival promove unha relación de respecto interxeracional.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11