Sábado, 04 de Abril de 2026

Actualizada Sábado, 04 de Abril de 2026 a las 10:00:36 horas

Xornal21.es
Sábado, 13 de Octubre de 2018 Tiempo de lectura:
BAIONA

Conclúen as obras do proxecto Pontus Pedestrian en Baiona

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, desprazouse esta semana ata o concello de Baiona coincidindo co remate das obras do proxecto Pontus Pedestrian, realizado ao abeiro dunha das liñas de axudas postas en marcha pola Consellería de Cultura e Turismo neste ano 2018. Os traballos consistiron na construción dunha pontella peonil de madeira na praia da Ladeira, cunha achega de preto de 29.000 euros por parte da Administración autonómica. 


Cómpre lembrar que o Goberno galego ampliou este ano os fondos dirixidos a concellos, mancomunidades ou xeodestinos, entre outros, co obxectivo de afondar na colaboración coas administracións locais e mellorar as infraestruturas turísticas a través do seu embelecemento, a mellora da sinalización ou da accesibilidade, principalmente. Así, a liña para potenciar estes recursos incrementouse ata os 2,8 millóns de euros. Ademais, mentres que ata agora procedían de fondos europeos, nesta edición pasaron a ser fondos propios.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.40

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.