VIGO
Deputación e Concello de Vigo inician as obras do pavillón da rúa Romil
Carmela Silva e Abel Caballero colocaron a primeira pedra desta actuación, que supón un investimento de case 2,2 millóns de euros
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero, colocaron onte a primeira pedra das obras do novo Pavillón Deportivo cuberto de Romil, enmarcadas no convenio de colaboración entre Goberno provincial e concello para a renovación, mellora e actualización de diversas instalacións deportivas da cidade. A actuación conta cun orzamento de 2.191.542 euros, dos que a Deputación achega o 60% e o Concello o 40% restante, e ten un prazo de execución previsto de 11 meses.
Carmela Silva amosou a súa satisfacción porque “hoxe se lle dá cumprimento a unha nova demanda histórica da cidade de Vigo, unha demanda cun edificio inacabado, que afeaba o entorno, e que a partir de agora, se lle vai dar un contido deportivo, de recuperación do espazo público e de socialización. Absolutamente feliz porque os e as responsables políticas estamos para dar resposta ao que a xente demanda”.
A presidenta explicou que a xornada de hoxe é “unha vez máis, un gran día para a cidade de Vigo porque volvemos demostrar que todo cambiou dende que a Deputación de Pontevedra está gobernada por unha muller viguesa, primeira tenente de alcalde de Vigo, e que dende o primeiro momento se comprometeu con que todo ía cambiar e Vigo ía ter o financiamento que lle correspondía. A historia da Deputación en Vigo foi a de non investir na cidade e todo isto cambiou dende fai tres anos”.
Pola súa banda, o alcalde de Vigo manifestou que este edificio de Romil é “o mellor exemplo do que nunca se debería facer en política, empezar cousas, non rematalas e que se acaben convertendo en auténticos bodrios”. Abel Caballero sinalou que, pola contra, a obra hoxe empezada é o claro exemplo de como se deben facer ben as cousas en política, “un modelo de actuación indiscutible de colaboración e cooperación entre institucións”.
As obras que se van desenvolver en Romil, adxudicadas á empresa “Construcións Ramírez”, van rematar cunha estrutura sen uso e en estado ruinoso que levaba vinte anos inacabada. O novo espazo deportivo terá preto de 3.000 metros cadrados de superficie, cunha fachada singular a modo de biombo que aportará calidade arquitectónica e cunha pequena praza pública que servirá para humanizar a zona.
Na parte baixa do novo pavillón haberá un gran espazo polivalente e no primeiro andar disporá doutros tres espazos polideportivos polivalentes, ademais de vestiarios e de servizos complementarios. O pavillón contempla ademais espazos para ximnasia acrobática, escalada e práctica de deporte en xeral. Este novo espazo deportivo estará tamén a disposición do alumnado do colexio Doutor Fleming, que se sitúa xusto ao lado, e ao que asisten preto de 1.000 rapaces e rapazas.
No marco do convenio para instalacións deportivas en Vigo entre Deputación e Concello, no que se enmarca esta actuación, estanse investindo un total de 9,2 millóns de euros para distintos proxectos. Ademais, ambas institucións están desenvolvendo na cidade outras actuacións, como a humanización da estrada provincial, o carril bici entre Teis e Samil, a posta en valor de Villa Solita, a execución de obras de substitución de firme en distintos puntos do municipio, a promoción dos recursos turísticos de Vigo ou as novas aulas da UNED.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.108