PROVINCIA
DEPORTEscolas e espalla a “auténtica revolución do século XII” entre máis de 10.000 nenas e nenos
Carmela Silva abriu o curso no Sánchez Cantón ante máis de 250 nenas e nenos anotadas e anotados á DEPOrte Escola de Patinaxe que, trala demanda das familias o ano pasado, incrementa este curso a idade máxima de participación ata os 16 anos
A presidenta da Deputación de Pontevedra presidiu esta semana no IES Sánchez Cantón de Pontevedra o arranque das “DEPOrte Escolas” coincidindo co inicio da escola de patinaxe. Esta iniciativa, que organiza institución provincial de xeito gratuíto en 51 concellos da provincia, ten matriculadas e matriculados xa a máis de 10.000 nenas e nenos da provincia “que van poder relacionarse, facer equipo, e aprender a traballar e construír conxuntamente, o que contribúe a impulsar sociedades máis cohesionadas”.
Para a presidenta provincial “o deporte é a auténtica revolución do século XXI e as administracións temos a obriga de fomentalo”. Neste eido, Silva tamén quixo agradecer o papel das familias, “que sodes conscientes de que facer deporte é fundamental para construír sociedades mellores”.
En canto a “DEPOrte Escola” de Patinaxe, na que participan 265 nenas e nenos, a presidenta da Deputación de Pontevedra lembrou que “no acto de clausura do curso pasado moitas familias me formularon a posibilidade de incrementar a idade de participación para que as e os adolescentes puidesen beneficiarse da iniciativa. Hoxe síntome moi satisfeita porque fixémolo realidade e, deste xeito, este curso as mozas e mozos de máis de 15 anos poden seguir a participar nas DEPOrte Escolas”.
As “DEPOrte Escolas” da Deputación de Pontevedra ofertan a práctica de 9 modalidades deportivas dirixidas a nenas e nenos de entre cinco e dezaseis anos de xeito totalmente gratuíto. En total, a institución provincial está a achegar á infancia e mocidade a práctica de balonmán, fútbol, taekwondo, patinaxe, judo, rugby, atletismo (marcha), piragüismo e baloncesto.
Este curso as “DEPOrte Escolas” da Deputación estarán presentes en Agolada, Arbo, A Guarda, A Cañiza, As Neves, A Illa de Arousa, Baiona, Bueu, Cambados, Campo Lameiro, Cangas, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Fornelos de Montes, Forcarei, Gondomar, Lalín, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz, Moraña, Mos, Nigrán, Oia, O Grove, O Porriño, O Rosal, Poio, Ponteareas, Pontecesures, Ponte Caldelas, Pontevedra, Redondela, Ribadumia, Rodeiro, Sanxenxo, Salceda de Caselas, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga, Vilaboa, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Vila de Cruces e Vigo.
O pasado venres 5 de outubro publicáronse as listas provisionais de persoas admitidas. Naqueles concellos e modalidades nas que haxa prazas libres abrirase un segundo prazo de inscrición, a partir do 15 de outubro, que permanecerá aberto ata cubrir as prazas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.108