Sábado, 31 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 11 de Octubre de 2018 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

O Alcalde de Salceda denuncia ante a Garda Civil “persecucións” e “inxurias”

Marcos Besada asegura que circula vía whatsapp "un vídeo cargado de insultos e descalificacións"

A imaxe de Besada saindo do cuartel da Garda Civil que foi remitida aos medios de comunicación dende o gabinete de prensa do ConcelloA imaxe de Besada saindo do cuartel da Garda Civil que foi remitida aos medios de comunicación dende o gabinete de prensa do Concello

O  goberno do Concello de Salceda de Caselas encabezado polo seu alcalde, Marcos Besada, personouse hoxe no cuartel da garda Civil do Porriño para presentar unha denuncia polos casos que el mesmo califica de "amedrentamento, inxurias e incitación ao odio que se están a vivir nas últimas semanas, fundamentalmente sobre a figura do alcalde, pero tamén sobre o resto de compoñentes do equipo de goberno".

 

En nota de prensa denuncia "a circulación vía whatsapp dun vídeo cargado de insultos e descalificacións para o alcalde e os concelleiros/as, cunha clara intención de incitación ao odio que agora veñen de poñerse en coñecemento da Garda Civil para que poidan ser investigados" asegura engadindo que "a este vídeo teñen que engadirse capítulos de vixianza á casa do alcalde así como de seguementos nos traxectos dende o Concello ata a súa propia vivenda".

 

O alcalde trasladoulle á Garda Civil a "sensación de inquietude, ansiedade e preocupación que lle toca vivir tanto ao equipo de goberno como ás súas familias, lembrando que incluso a súa parella, persoa allea á política, aparece nunha imaxe no vídeo hoxe denunciado".

 

Insisten dende o equipo de goberno en que “son feitos e discursos intolerables; representamos ao conxunto dos 9.140 veciños e veciñas de Salceda, independentemente da súa ideoloxía, das súas crenzas, ou da súa orixe, e os cargos públicos que neste intre nos dedicamos ao nobre "oficio" de ser representantes públicos escollidos/as democraticamente non podemos ser as vítimas sobre as que trasladar as frustracións persoais con total impunidade: non o podemos permitir”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.168

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.