Martes, 21 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 21 de Abril de 2026 a las 16:09:04 horas

Xornal21.es
Lunes, 15 de Octubre de 2018 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

O PP denuncia que 7 de cada 10 euros dos plans DepoRemse repartíronse a concellos do PSOE e BNG

Belén Villar critica o “reparto arbitrario e caciquil que fan Carmela Silva e César Mosquera cos fondos provinciais mentres se atreven a percorrer toda a provincia presumindo de reparto equitativo e de criterios obxectivos”

O grupo provincial do Partido Popular denunciou esta mañá en Ponteareas que case 7 de cada 10 euros que se repartiron en 2017 e 2018 con cargo aos plans de Reequilibrio e DepoRemse da Deputación foron para concellos gobernados polo PSOE e polo BNG. Así, dos 29 millóns de euros que se repartiron con cargo aos dous plans, 17,5 millóns se gastaron en concellos afíns ao Bipartito provincial. “Isto de equitativo non ten nada”, denunciou a deputada provincial do PP, Belén Villar, esta mañá en rolda de prensa, acompañada polo tamén deputado Santiago Rodríguez, da coordinadora comarcal do PP de Pontevedra, Marta Valcárcel; e dos alcaldes da Cañiza, Miguel Domínguez; Arbo, Horacio Gil; Mondariz-Balneario, Jose Antonio Lorenzo.

 

Villar criticou “o reparto arbitrario que fan Carmela Silva e César Mosquera cos fondos provinciais, mentres se atreven a percorrer toda a provincia presumindo de reparto equitativo e de criterios obxectivos”. Nesta liña, a deputada popular ironizou que “para non ser un reparto arbitrario, os concellos do PSOE e BNG non saíron nada desfavorecidos”. Fronte a esta situación, os concellos gobernados polo Partido Popular, recibiron 6,2 millóns de euros -o 23% dos fondos-, e por outras formacións políticas, 2,1 millóns de euros.

 

“Esta comparativa entre o Plan DepoRemse e o Plan de Reequilibrio, con datos totalmente obxectivos, amósanos de xeito moi claro o que está acontecendo na institución provincial e como se está facendo o reparto dos seus fondos para destinalos aos de sempre. Son plans feitos a medida para concellos onde gobernan”, engadiu.

 

Outro dos datos para ter en conta, segundo os populares, é que dos 10 concellos que máis fondos recibiron con cargo a estes dous plans, hai oito concellos do PSOE e BNG e só 2 do PP. E só estes 8 concellos repártense 11,3 millóns de euros.

 

Para os populares “queda en evidencia ese argumentario que repiten unha e outra vez falando de repartos equitativos e obxectivos. O reparto non está equilibrado, porque non é normal que 7 de cada 10 euros estean destinados para gobernos socialistas ou nacionalistas, co agravante de que a maior parte dos concellos da provincia están gobernados por alcaldes do Partido Popular”. Nesta liña, Villar incide en que “non podemos consentir que anden por aí dicindo falseades. A realidade pon en evidencia que en lugar de favorecer a todos os veciños están prexudicando a veciños de moitos concellos porque están gobernados polo PP”.

 

“Viñeron á comarca a vender unha serie de proxectos que non se corresponden coa realidade. Onde están esas grandes cifras que anunciaron para o Condado-Paradanta? Carmela Silva non foi quen de inaugurar en tres anos nin unha soa obra na nosa comarca”, destacou.

 

INTERPRETACIÓN DOS CRITERIOS
“Pero mentres hai concellos moi beneficiados, tamén hai concellos moi prexudicados”, puntualizou a deputada, ao referirse a que hai 13 concellos “en branco”, que a pesar de presentar proxectos non recibiron nin un só euro de ningún dos 29 millóns que se repartiron nestes dous anos, e que casualidade, 12 son concellos gobernados polo PP e un doutra cor política, pero ningún do BNG nin do PSOE.

 

Como exemplos, Santiago Rodríguez sinalou o caso do Concello de Arbo que, igual que outros concellos, quedou excluído das axudas a pesar de que contaba coa puntuación mínima esixida. “Seis concellos cumprían a puntuación mínima, igual que Arbo, e quedaron sen fondos, algo totalmente inxusto. Se un concello cumpre coas bases, cumpre cos proxectos, ten a puntuación mínima esixida e aínda así queda fóra porque non hai fondos, o que habería que facer é un reparto en dous fondos e repartir entre todos”, engadiu. Nesta liña, sinalou que ademais de Arbo tamén cumprían Soutomaior, Valga, Forcarei, Redondela e Vilanova de Arousa. “Ningunha destas peticións foi atendida, só foi atendida Bueu”, lamentou.

 

O deputado provincial tamén chamou a atención sobre os criterios de puntuación, que foron mudando nas semanas previas ao reparto. Así, explicou que na primeira proposta o 75% dos puntos recaía nos datos de poboación e territorio e o resto no criterio de madurez do proxecto, pero finalmente reduciron a puntuación de poboación e territorio para darlle ata 40 puntos ao criterio de madurez. “Aquí está a interpretación, aumentaron máis de 15 puntos neste criterio pero, que se entende por madurez? Queda á libre interpretación dos que avalían o proxecto”, sentenciou.

 

AXUDAS INCENDIOS
Ademais, Santiago Rodríguez aproveitou a rolda de prensa para recordar aos afectados e ás vítimas dos lumes de hai un ano, e preguntou a Carmela Silva e á Deputación de Pontevedra onde están os 90 millóns de euros que prometeu para paliar os danos ocasionados hai xusto un ano. “A día de hoxe ningún concello afectado recibiu nin un só euro dos 90 millóns que anunciaron. Unha nova mentira e unha nova manipulación do Goberno provincial”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.