Domingo, 26 de Abril de 2026

Actualizada Domingo, 26 de Abril de 2026 a las 09:03:17 horas

Xornal21.es
Viernes, 19 de Octubre de 2018 Tiempo de lectura:
TUI

A próxima semana retómase a atención psicolóxica aos afectados de Paramos e Guillarei

En primeiro lugar avaliaranse os novos casos que solicitaron atención, e atenderase a aqueles pacientes que non se poden desprazar a Vigo. Servizos Sociais coordinará as citas

A próxima semana retomaranse as avaliacións das persoas afectadas pola catástrofe de Paramos que solicitaron asistencia psicolóxica. No mes de agosto e na primeira semana de setembro psiquiatras do SERGAS avaliaron xa as 72 solicitudes, algunha de unidades familiares, que se presentaran ata aquel momento, e agora citarán aos entre 15 e 20 casos novos que veñen de demandar este servizo.


Para seguir coordinando a atención psicolóxica aos afectados de Paramos e Guillarei esta semana reuníronse na casa do concello o alcalde, Carlos Vázquez Padín, o xefe do servizo de psiquiatría do CHUVI, José Manuel Olivares, o presidente da Asociación de Afectados, Salvador García, e a traballadora social do Concello, Carmen González.


O servizo de psiquiatría asumirán a atención en Tui semanalmente, tanto para a avaliación dos novos casos, como para a atención daqueles afectados que non se poidan desprazar até o centro de referencia en Vigo, o tempo que sexa preciso. Os pacientes infanto xuvenís terán que desprazarse ata o Hospital Álvaro Cunqueiro, xa que alí está a unidade específica de atención para estas idades.


A área de Servizos Sociais será quen coordine as citas de atención psicolóxica aos afectados dende o Centro de Afectados en Guillarei a área de Servizos Sociais.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.122

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.