GALICIA
UGT lembra que en Galicia "a taxa de risco de pobreza xa se sitúa no 22,6%"
UGT amosa a súa preocupación pola pobreza laboral; insiste en que xa non se pode seguir apelando á crise para xustificar políticas antisociais; e aposta por impulsar un sistema de protección social que garantice oportunidades para todas as persoas
UGT-Galicia, con motivo do Día internacional para a erradicación da pobreza, denuncia "ingresos inferiores á media estatal; unha taxa de risco de pobreza e exclusión social demasiado elevada para unha economía que se supón que está nunha etapa expansiva; as persoas que viven en fogares con baixa intensidade no traballo increméntanse progresivamente; e unha taxa de pobreza, excluídas as transferencias sociais, que xa se sitúa no 34,64% nesta Comunidade".
Unha situación que "é froito dunha recuperación económica que non está a chegar aos traballadores nin aos fogares galegos como consecuencia dun mercado laboral incapaz de xerar o volume de traballo que necesita Galicia e cun emprego xerado de baixa calidade que non ten capacidade para atender as necesidades dos fogares galegos. As políticas impostas de recortes nos últimos anos están detrás disto e un claro exemplo no eido laboral foron as reformas laborais impostas estériles en materia de creación de emprego e que só trouxeron consigo importantes bolsas de precariedade para os traballadores galegos" sinalan.
A renda media dos fogares galegos é 1.025 euros ao ano menor que a do resto do Estado
Segundo a Enquisa de condicións de vida do INE do ano 2017 (dato de recente publicación, o 21 de xuño de 2018), os galegos e galegas teñen unha renda media por fogar de 26.533 euros anuais, por debaixo da media estatal que se sitúa nos 27.558 euros, é dicir, 1.025 euros menos.
Se a análise se fai por persoa, tamén resulta máis negativa para os galegos e as galegas, xa que a renda media nesta caso é de 10.753 euros ao ano, fronte aos 11.074 do resto do Estado, unha diferenza de 321 euros ao ano.
Resulta evidente que detrás disto existe unha política salarial, á que imperou nos últimos anos, de depreciación da que urxe saír para rachar esta círculo pernicioso no que se ven inmersos milleiros de traballadores, baixos salarios e precariedade, que leva a unha perda continua de poder adquisitivo.
O risco de pobreza ou exclusión social é en Galicia do 22,6% (612.085 persoas)
Outro dato que evidencia que as condicións de vida dos galegos non melloran é o indicador agregado Arope de risco de pobreza ou exclusión social que no ano 2017 situouse en Galicia no 22,6%. Isto supón que en Galicia hai 612.085 persoas en risco de pobreza ou exclusión social. Pero é que 506.460 persoas, o 18,7% da poboación galega, están en risco de pobreza severa. E 65.000 persoas, o 2,4% da poboación, sofren carencias de material severas tamén.
Por todo isto esixen "profundas e continuas transformacións en ámbitos cruciais da actividade económica e laboral e aumentar as capacidades de actuación públicas, reformando a fiscalidade con actuacións de ingreso e gasto público que inflúan decisivamente sobre o modelo económico e de sociedade, e son unha ferramenta esencial para lograr unha redistribución xusta e equitativa da renda e do benestar".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217