Sábado, 24 de Enero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 22 de Octubre de 2018 Tiempo de lectura:
A GUARDA

A mecánica, blogueira e youtuber «Chola a it girl» chega á Guarda

O Centro Cultural da Guarda acolle o vindeiro venres día 26 de outubro ás 21:00h da noite a representación do espectáculo teatral «Chola it a girl» da compañía de teatro ArtesaCía co elenco de Laura Villaverde.

 

Chola, mecánica de coches, blogueira e youtuber galega é contratada por un teatro para presentar o seu monólogo ó máis puro estilo de show escénico youtuber. A través da presenza no escenario do súa moto transmitirá, con exemplos prácticos e didácticos, estratexias para poder descubrir quen somos, qué nos gusta, que nos divirte... e sobre todo, saber recoñecer de onde vimos. Para todo isto, axudarase de videos exclusivos, proxectados con técnica de videomapping, desafíos en vivo, consellos automobilísticos e dunha gran dose de música. Cando parece que o show envolve a escena,  pero unha chamada telefónica durante o espectáculo desencadeará un gran conflito.

 

A través dun diálogo, Chola deixa entrever ó público un outro traballo non tan glamuroso. E é a partir de aquí onde Chola revela a súa connotación de It girl con inxenio, humor e personalidade reflexando a súa realidade imperfecta, que está fora dos canons da imaxe actual da felicidade e do que debería ter éxito virtual. Manifestando a importancia da sabedoría popular e do uso das novas tecnoloxías a través das diversas situacións nas que se pode ver unha muller adiantada respecto o tempo e a sociedade rural na que vive, polo seu inconformismo, talento, forza, e personalidade, pero tamén, pola súa busca incansable de posibilidades para cultivarse e aprender, e pola súa teima e constancia por fuxir dos canons actuais do que debería ser unha muller tendencia.  

 

Dende a Concellería de Cultura do Concello da Guarda convídase a toda a cidadanía a participar nesta representación teatral, recordando que é preciso retirar as entradas con antelación a partir do sábado 20 de outubro no Centro Cultural da Guarda.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.